[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 16 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra » Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

FONDO CÁRCERE PARTIDO XUDICIAL DE TUI



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AM.36055
1.2. Título FONDO CÁRCERE PARTIDO XUDICIAL DE TUI
1.3. Datas 1881-1960
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 41 unidades de instalación


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor CÁRCERE PARTIDO XUDICIAL DE TUI
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Para a clasificación dos fondos elaborouse un cadro de clasificación, a partir de dúas grandes seccións: a administración da cárcere e o control dos reclusos. Logo a propia realidade documental plásmase nas diferentes series documentais.
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. ADMINISTRACIÓN

1.1. CORRESPONDENCIA 1881-1960 8
1.2. CONTABILIDADE 1921-1942 1
1.3. PATRIMONIO 1921-1942 1
1.4. PERSOAL 1924-1948 2

2. RÉXIME PENITENCIARIO

2.1. ORDES DE PRISIÓN E LIBERDADE 1898-1960 13
2.2. CONTROL DE PENADOS 1884-1960 9
2.3. Historia arquivística Este conxunto documental ía a ser destruído e foi recollido por un funcionario municipal, historiador e investigador local, Aquilino Iglesias, hoxe falecido, Foi depositado sen ningún tratamento técnico en dependencias do propio concello e posteriormente trasladado ó arquivo municipal. No recente proceso de reorganización de fondos e de actualización levado a cabo polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental procedeuse á organización e descrición deste fondo, independente do pertencente ó propio concello.
2.4. Forma de ingreso Por ingreso extraordinario.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Documentación de interese para o coñecemento da realidade carceraria no Partido Xudicial de Tui, con información continuada, especialmente sobre os reclusos, dende 1897 ata 1960 figurando en diversas series documentais, tanto de expedientes (follas histórico-penais de penados, expedientes persoais de reclusos, expedientes procesais de reclusos, pases de penados, mandamentos de prisión y de liberdade e notificacións acordos de prisión e liberdade), coma de rexistros ( libro de entrada e saída de presos, libro rexistro de presos con condena de arresto maior, libro rexistro de presos preventivos).
3.2. Valoración, selección e eliminación Foi necesario eliminar unha pequena parte do conxunto documental tendo en conta o seu pésimo estado de conservación que impedía a súa utilización e afectaba ó resto da documentación.
3.3. Novos ingresos Non está previsto recibir novos ingresos neste fondo.
3.4. Organización Para a clasificación dos fondos elaborouse un cadro de clasificación,a partir de dúas grandes seccións: a administración da cárcere e o control dos reclusos. Logo a propia realidade documental plásmase nas diferentes series documentais.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun mal estado de conservación en boa parte do mesmo, afectado principalmente pola humidade e a suciedade froito do desamparo sufrido ó longo de moitos anos..
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 48 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 196 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñecen
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen
5.4. Nota de publicacións Non se coñecen


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
7.2. Regras ou normas ISAD (g) Norma Internacional General de Descripción Archivística
7.3. Data da descripción Xuño de 2006

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/07/2006 14:09
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/