[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 24 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Corporación » Atribucións do Pleno
Páxina Principal
A Deputación
Presidencia
Corporación
Presidente
Vicepresidentes
Deputados Provinciais
Atribucións do Pleno
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

ATRIBUCIÓNS DO PLENO 

Atribucións do Pleno1

O Pleno da Deputación está constituido polo Presidente e os Deputados

Correspóndelle en todo caso ó Pleno:

  1. Organizar a Deputación.
     
  2. Aprobar as ordenanzas.
     
  3. Aprobar e modificar os orzamentos, a disposición dos gastos dentro dos límites da súa competencia e aprobar provisionalmente as contas; todo isto de acordo co disposto na Lei reguladora das facendas locais.
     
  4. Aprobar os plans de carácter provincial
     
  5. Controlar e fiscalizar os órganos de goberno.
     
  6. Aprobar o cadro de persoal, a relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios, así como o número e o réxime de persoal eventual.
     
  7. A alteración da cualificación xurídica dos bens de dominio público.
     
  8. O esbozo de conflictos de competencias a outras entidades locais e demais administracións públicas..
     
  9. O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materia de competencias plenarias..
     
  10. A declaración de lesivos dos actos da Deputación.
     
  11. A concentración das operacións de crédito da cal a contía acumulada no exercicio económico exceda do 10% dos recursos ordinarios, agás as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15% dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, todo isto de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais..
     
  12. As contratacións e concesións de todo tipo, cando o seu importe supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, o 1.000.000.000 de pesetas, así como os contratos e concesións plurianuais cando a súa duración sexa superior a catro anos en todo caso, e os plurianuais de duración inferior cando o seu importe acumulado supere a porcentaxe indicada, referida ós recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, e en todo caso, cando sexa superior á contía sinalada nesta letra.. (Apartado redactado conforme a la Lei 55/1999, de 29 de dicembro)
     
  13. Aprobar os proxectos de obra e de servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e cando aínda no estean previstos nos orzamentos.
     
  14. Adquirir bens e dereitos cando o seu valor supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, cando sexa superior a 500.000.000 de pesetas, así como os alleamentos patrimoniais nos seguintes supostos:
    • Cando se trate de bens inmobles ou de bens mobles que estean declarados de valor histórico ou artístico e non estean previstos no orzamento..
       
    • Cando, estando previstas no orzamento, superen a porcentaxe e a contía que se indican para as adquisicións de bens.
       
  15. Aquelas atribucións que lle deban corresponder ó Pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial..
     
  16. As demais que expresamente lle atribúan as leis (Apartado redactado conforme á Lei 11/1999, de 21 de abril).
     

Perténcelle igualmente ó Pleno a votación sobre a moción de censura ó presidente e sobre a cuestión de confianza presentada por el mesmo, que se rexe polo disposto na lexislación electoral xeral. (Apartado redactado conforme á Lei 11/1999,

O Pleno pode delegar o exercicio das súas atribucións no presidente e na Comisión de Goberno, salvo as enunciadas no número 2, letras a), b), c), d), e), f), h) y ñ), e número 3 deste artigo. (Apartado incorporado por Lei 11/1999)




Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réximen Local

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/06/2006 13:26
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/