[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 12 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Vilaboa » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Vilaboa
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
VILABOA 

O local

A casa do Concello é unha moderna edificación inaugurada no ano 1975 e reformada con posterioridade a fin de mellora-la súa calidade estética exterior e amplia-la súa superficie útil mediante o aproveitamento do baixo cuberta; en xeral goza dunhas axeitadas condicións de espacio e funcionalidade.

Na actualidade distribúese en baixo, planta e baixo cuberta, situándose o local dedicado a arquivo municipal, logo de sucesivos traslados internos, na parte frontal do baixo cuberta do edificio; presenta unha estructura rectangular perfectamente regular, con algo máis de setenta metros cadrados útiles.

Neste local procedeuse á instalación dos equipamentos necesarios, de acordo co plano, para a función de almacenamento e tratamento documental contando na actualidade cunhas idóneas condicións de habitabilidade, illamento, ventilación e iluminación, así como con ordenador, mesa de consulta e ficheiro.

No último ano integrouse no Plan de desinsectación e desinfectación levado a cabo, mediante unha subvención da Deputación Provincial, por unha empresa especializada contratada para o efecto.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/03/2004 12:50
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/