[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 12 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Vilaboa » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Vilaboa
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
VILABOA 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 2.319 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai de 1856 ata 2014.

Dentro deste conxunto destaca a desaparición case que total da documentación do século dezanove. Especialmente grave é o caso das actas do Pleno, desaparecidas ata o ano 1910, o que supón a perda dunha fonte informativa de extraordinaria riqueza para o coñecemento das actuacións e acontecementos a nivel local.

Os documentos máis antigos corresponden ás quintas e milicias (1903), á documentación da contribución por consumos (1856) e á contribución territorial rústica (1890). A documentación presupostaria consérvase dende 1923, supoñendo o maior volume dentro do total das series do arquivo, no que tamén ten importancia a documentación relacionada co control das construccións de obras e industrias.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático nunha base de datos formada por máis de 21.738 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 13:47
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/