[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 21 DE XULLO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10 11 12
AUDIOVISUAIS 

Fondo fotográfico



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038.ADP
1.2. Título Fondo fotográfico
1.3. Datas 1927-2009 (existe unha falta de precisión nas datas individualizadas pola dificultade que estas entrañan)
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Inventariadas 26.800 unidades documentais con moi diferentes soportes, fundamentalmente papel e celuloide, aínda que tamén vidro, microformas, diapositivas...


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Múltiple
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Pertencen a moi diferentes produtores, aínda que un grupo importante procede do fondo da propia Deputación, desde os Servizos de Agricultura, Cultura e Presidencia. Tamén se inclúe un destacado conxunto monográfico dos autores Núñez Vila, Nelson, Carlos Osorio e Javier Fernández "Albatros".
2.3. Historia arquivística A recuperación fotográfica únese á do propio arquivo da Deputación. O seu volume non tivo consideración especial ata o ano 1990, no que se dispuxo o primeiro intento de inventariado e catalogación a cargo do fotógrafo da Deputación D. Luis Ruiz, interrompido por el mesmo ó remate de 1992.
Ata o ano 2004 non se inicia un novo rexistro, que irá unido a unha catalogación en base de datos, separándose a colección de tarxetas postais, organizadas de xeito independente.
No ano 2006 incorporouse un conxunto fotográfico de máis de 300 imaxes realizadas polo fotógrafo pontevedrés Nelson.
No ano 2007, incorporouse por doazón da viúva do fotógrafo pontevedrés Carlos Osorio (1950-2002) o fondo fotográfico do artista, composto por máis de 7.000 imaxes.
En 2009 adquiriuselle ó fotógrafo Javier Fernández "Albatros" un lote de máis de 10.000 imaxes das que a maior parte corresponden á grabación da serie "Os outros feirantes".
2.4. Forma de ingreso Por ingreso directo desde os servizos da Deputación, por adquisición e por doazón


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Nunha proporción importante os contidos urbanísticos, de paisaxe e etnográficos son os dominantes e naturalmente os que corresponden ás actuacións da institución. O contexto xeográfico do fondo é de carácter provincial. O fondo Osorio contén material relativo a toda Galicia, España, Europa e América cun amplo criterio temático.
3.2. Valoración, selección e eliminación Unicamente se lle aplicou a selección ós duplicados
3.3. Novos ingresos Mantense aberto a novos ingresos, agardando se incremente nun volume importante, especialmente en coleccións monográficas de autor e tamén recuperación de fotografía antiga
3.4. Organización Ainda que non ten definida uhna organización interna , trabállase sobre a seguinte organización funcional :
-Fondo Deputación
-Fondo Osorio
-Fondo Nelson
-Fondo Albatros


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para todos os cidadáns
4.2. Condición de reprodución Permítense as reproduccións para a administración e investigadores, sempre con respecto á normativa vixente de propiedade intelectual.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Algúns dos documentos requiren positivado ou aparatos de proxección para a súa consulta
4.5. Instrumentos de descrición Ademáis do rexistro/inventario dispón dunha catalogación informatizada, distribuída en varias bases de datos configuradas cunha estructura similar:
Base datos de fotografía, elaborada, con máis de 9.125 rexistros cunha descrición individualizada das, diapositivas e negativos que a compoñen. Moitos dos rexistros inclúen a imaxe da propia fotografía.
Base datos Fondo Osorio, con 5.096 rexistros cunha descrición individualizada, que representan unha parte do total do fondo conservado, quedando o resto aínda está pendente de tratamento técnico.
Base datos Fondo Nelson, con 1.142 rexistros cunha descrición individualizada, que representan unha parte do total do fondo conservado, quedando o resto aínda está pendente de tratamento técnico.
Base datos Fondo Albatros (Javier Fernández), con 6.841 rexistros cunha descrición individualizada, que representan unha parte do total do fondo conservado, quedando o resto aínda está pendente de tratamento técnico.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Coñecese a existencia dos orixinais en soporte vidro da colección Nuñez Vila, en posesión actual da súa neta Dª Isabel Núñez de la Vega. Igualmente os procedentes do fondo Nelson que os mantén o se productor.
5.2. Existencia e localización de copias Nalgúns arquivos municipais atópanse fotos das actuacións
5.3. Unidades de descrición relacionadas Moi interesante e organizado o arquivo Pacheco propiedade do Concello de Vigo, cunha sede independente no edificio do antigo Banco de España na rúa García Barbón en Vigo. Nas bibliotecas dos concellos é habitual ter grupos de antigas fotografías correspondentes ó seu territorio
5.4. Nota de publicacións En elaboración a páxina Web Colección “fotografía artística” do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra Colección “Pontevedra en imaxes” do servizo de Publicacións da Dedutación de Pontevedra


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Director Miguel Pereira Figueroa
7.2. Regras ou normas Adaptación ás normas ISAD (G )
7.3. Data da descripción Xullo de 2010

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10 11 12

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2012 13:36
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/