[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 23 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11 12
AUDIOVISUAIS 

Tarxetas postais



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038.ADP
1.2. Título Tarxetas postais
1.3. Datas 1892-2007
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Inventariadas 5.137 unidades, todas elas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Múltiples
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Integra distintos produtores procedentes de diferentes editoriais
2.3. Historia arquivística Dentro do que é a reproducción fotográfica, a tarxeta postal cun soporte, formato e utilización definidos, foron incluídos inicialmente no arquivo fotográfico, independizándose como arquivo e cunha base de datos e catalogación diferentes, a partir do ano 2005. O maior volume adquiriuse nos anos 2005 e 2006
2.4. Forma de ingreso O ingreso maioritario prodúcese por adquisición aínda que algúns, os menos, proceden de doazóns


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Anque é unha colección moi específica, proporciona referencias paisaxísticas, etnográficas e tamén filatélicas e editoriais de interese. Cremos que a pesar do pouco tempo transcorrido dende a súa creación ten un volume que representa unha porcentaxe moi elevada do total editado. O marco de actuación restrínxese á provincia de Pontevedra
3.2. Valoración, selección e eliminación Unicamente se aplicou a selección en duplicados sen ter en conta outros criterios filatélicos ou informativos
3.3. Novos ingresos Mantense aberto a novos ingresos agardando un incremento en volume importante especialmente na tarxeta máis antiga
3.4. Organización A súa única organización é toponímica, agrupándose por concellos da provincia


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para todos os cidadáns
4.2. Condición de reprodución Reproducións libres para as administracións e investigadores, sempre con respecto á normativa vixente especialmente a Lei de propiedade intelectual
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Os textos que inclúen as tarxetas teñen como lingua absolutamente maioritaria o castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O soporte en todos os casos é o papel cartolina e non precisa instrumento algún para o seu uso. pode ser proxectada cun aparello de proxección de opacos do de se dispón no arquivo
4.5. Instrumentos de descrición Ademais do rexistro/inventario que se atopa compartido co arquivo fotográfico este dispón dunha base de datos independente, con 5.137 rexistros que inclúen unha precisa información de cada tarxeta e a imaxe dixitalizada das mesmas.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Ó seren coleccións seriadas, descoñecese a localización dos que se entenden por orixinais, os negativos, depositados nas editoriais ou en propiedade do fotógrafo autor.
5.2. Existencia e localización de copias En case que tódolos arquivos e bibliotecas públicas existen coleccións que seguramente inclúen as de referencia xeográfica da nosa provincia, aínda que cremos que as coleccións máis completas están en mans de coleccionistas particulares
5.3. Unidades de descrición relacionadas Todo o noso arquivo fotográfico e mais todos os existentes con imaxes correspondentes á provincia de Pontevedra
5.4. Nota de publicacións O servizo de Publicacións da Deputación ten publicados, na colección “Pontevedra en imaxes”, monográficos para os concellos de Pontevedra, Vilagarcía, Vigo, Forcarei, Cangas, Ponteareas, Marín, Val Miñor e O Grove


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Director Miguel Pereira Figueroa
7.2. Regras ou normas Adaptación básica ás normas ISAD (G )
7.3. Data da descripción Xullo de 2010

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11 12

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2012 13:37
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/