[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 23 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 [12]
AUDIOVISUAIS 

Outros sons



Disco compacto
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038.ADP
1.2. Título Outros sons
1.3. Datas 1995-2009
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Inventariadas 50 unidades documentais en soporte dixital (CD)


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Múltiples
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Os documentos proceden maioritariamente de adquisicións á empresa A Oitava Illa S. L., e de xeito excepcional de doazóns particulares e institucionais.
2.3. Historia arquivística Sensible á urxencia da recompilación de documentos que dean testemuña do entorno sonoro galego, natural ou non, a Deputación de Pontevedra creou en 2004 un arquivo específico para a conservación e difusión das gravacións sonoras galegas éditas e inéditas en calquera soporte realizadas en Galicia e mais as realizadas fóra do noso territorio que estean relacionadas coa nosa cultura. O Arquivo Outros Sons xurdiu da necesidade de crear un fondo propio que recollese sons referidos a diferentes situacións, paisaxes ou fenómenos naturais, non integrables no fondo musical nin da palabra.
2.4. Forma de ingreso A forma de ingreso prodúcese case exclusivamente mediante adquisición.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A colección documental está composto por gravacións de diferentes ambientes sonoros. Estes documentos completan dunha forma coherente as coleccións sonoras existentes (referidas a sons musicais e orais), recollendo os sons de Galicia que se desprenden da actividade humana e do seu contorno natural.
3.2. Valoración, selección e eliminación Polo seu valor testemuñal arquívanse todos os documentos que o Centro recibe independentemente do estado dos soportes. Dada a súa escasa antigüidade, a conservación é óptima. Non existe polo momento un fondo de gravacións duplicadas que complemente o fondo principal.
3.3. Novos ingresos O xeito de ingreso de nova documentación neste fondo prodúcese mediante a adquisición, non descartándose posibles doazóns futuras.
3.4. Organización O Arquivo Outros Sons está organizado en base ó criterio dos soportes nos que se presentan os documentos, atopándose estes clasificados en unidades de instalación axeitadas ás características de cada un deles.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para todos os cidadáns
4.2. Condición de reprodución A documentación sonora editada está a disposición de todos os cidadáns para a súa consulta, investigación, e outros empregos que non teñan carácter comercial, respectando os dereitos dos fonogramas, dos autores e máis dos artistas, segundo a Lei de propiedade intelectual vixente. Respecto ás gravacións inéditas, ben sexan de produción propia ou non, estudarase o caso concreto en función do tipo de material, limitacións de uso e outros.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Os documentos que integran o Arquivo Outros Sons polo xeral non conteñen linguaxe, pero naqueles nos que está presente utilízase maioritariamente a lingua galega.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O centro dispón de reprodutores profesionais controlados polos técnicos do arquivo para a audición dos distintos soportes que conforman o fondo sonoro.
4.5. Instrumentos de descrición Para a descrición dos documentos disponse dun rexistro/inventario, un catálogo en liña, información na páxina web e unha base de datos que se pode consultar no propio Arquivo, que proporciona información detallada en dous niveis de profundidade: nun primeiro nivel descríbese polo miúdo cada unidade física, e nun segundo nivel constan os datos sobre cada unha das pistas sonoras que compoñen a unidade, atendendo ás fontes dos sons (animais, aparellos, natureza), condicións nas que se realizou a gravación e duración da mesma.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais O 96% dos fondos sonoros pertence ao grupo de pezas únicas que engloba os documentos inéditos, conservando a empresa produtora as gravacións orixinais. O 4% restante corresponde a gravacións editadas, cuxos orixinais forman parte dos arquivos das respectivas compañías fonográficas propietarias.
5.2. Existencia e localización de copias A maior parte das gravacións son únicas e polo tanto non poden atoparse copias das mesmas. No caso das gravacións editadas, atópanse depositados exemplares das mesmas noutros centros especializados.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Fondos similares poden ser consultados no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega e na páxina web www.escoitar.org.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Director Miguel Pereira Figueroa
7.2. Regras ou normas Aplicación básica ás normas ISAD (G)
7.3. Data da descripción Maio de 2009

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 [12]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2012 13:39
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/