[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Asociacións culturais
sen ánimo de lucro
Subvencións a escolas e conservatorios de música
Feiras exposicións e congresos
Recuperación do patrimonio
Conservatorios e escolas
de música
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

Bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a entidades para actividades e investimentos ano-2007

Bases | Modelo de solicitude | Modelo de declaración

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 29 de decembro do ano 2006 aprobou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS ANO-2007

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.

1.— Obxecto
A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar o patrimonio provincial: tradicional, histórico, folclórico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc., sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno.

A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007, convocándose as subvencións que a continuación se detallan:

MATERIAPROGRAMAPARTIDAORZAMENTO
CULTURA A/07 Actividades culturais xerais 07/451.451.489.05 300.000,00 €
B/07 Persoas físicas 07/451.451.489.07 18.000,00 €
C/07 Instrumentos e vestiario 07/451.451.789.00 60.000,00 €
D/07 Infraestrutura 07/451.451.789.04 600.000,00 €
E/07 Participación cidadá 07/451.463.489.10 70.000,00 €
F/07 Universidades 07/451.422.454.02 18.000,00 €

O programa A/07 “actividades culturais xerais” vai dirixido ó financiamento de: concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, seminarios, certames, conferencias, etc.

O programa B/07 “persoas físicas” vai dirixido ó financiamento de estudos artísticos e musicais fóra da Comunidade Autónoma.

O programa C/07 “instrumentos e vestiario” vai dirixido a financiar a adquisición de instrumentos musicais e vestiario.

O programa D/07 “infraestrutura” vai dirixido ó financiamento de: construción ou rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc.

O programa E/07 “participación cidadá” vai dirixido ó financiamento de: congresos, feiras, xornadas de formación, etc.

O programa F/07 “universidades” vai dirixido ó financiamento de: congresos, seminarios, etc.

2.— Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas, con domicilio social na provincia de Pontevedra, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro (Acreditándose en declaración responsable do representante).
  2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia
  3. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas
  4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

3.— Solicitudes e documentación
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  • Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade
  • Fotocopia cotexada do DNI do representante legal
  • Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento, asinada polo representante
  • Orzamento detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento, asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €, para realizar obras ou superior a 12.000,00 € para adquirir equipamento
  • Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar
  • Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria
  • Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
  • Declaración do número de socios da entidade
  • Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria

As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social.

As entidades só poderán solicitar unha subvención por cada programa, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites.

4.— Lugar e prazo de presentación
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 28 de febreiro de 2007.

5.— Valoración e concesión
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios:

  1. Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos.
  2. Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos.
  3. Número de socios da asociación, ata 10 puntos.
  4. Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos.
  5. Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos.

As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión informativa de Cultura. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade ou investimento que vaia desenvolver o beneficiario.

6.— Xustificación e pagamento
Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificalas no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2008.

Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade.
  2. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente orzamento provincial.
  3. Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis có importe xustificado co límite da subvención concedida.
  4. No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000,00 € poderase esixir un informe previo do técnico provincial.
  5. No caso da realización do investimento por parte da Administración será necesario xuntarlle á certificación a xustificación de todos os gastos relacionados nela informando o técnico provincial que estes se axustan ó orzamento ou proxecto previo.
  6. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle da financiación obtida e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada.
  7. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención.
  8. A xustificación deberá ir xunto cunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos.
  9. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.

Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:

  • No caso de que se xustifique gasto polo 100 % do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  • No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

Os gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos de manutención non superarán o 50% da subvención concedida, obrigándose os beneficiarios a explicalos detalladamente.

7.— Devolución e reintegro
As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requiridas
  2. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida
  3. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases

8.— Órgano de aprobación
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para o ano 2007 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

9.— Dereito supletorio
Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03).



Boletín Oficial da Provincia, data 15/01/07, número 10, páxina 12, anuncio 2007000274.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/01/2007 10:40
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/