[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Muller
Xuventude, infancia e familia
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns

ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

Bases de axudas para asociacións de mulleres sen fins de lucro. ano 2007

Bases | Anexos

A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade actual e considerando as dificultades coas que conta para o acceso e promoción dentro do mundo laboral convoca para o ano 2007, axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamento ou vocalía da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración no mundo laboral, segundo as seguintes,

B A S E S

1.— ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan durante o ano 2007 e que sexan de carácter formativo a través da organización de cursos que poidan facilitar o acceso das alumnas socias da asociación solicitante ó mundo laboral. O listado de cursos subvencionables para o ano 2007, atópase relacionado no anexo 2.

Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento dos locais e gastos de mantemento destes, cando sexan a sede habitual da asociación, así como tamén as dirixidas ó desenvolvemento da actividade xeral da Asociación ó longo do ano.

2.— FINANCIAMENTO
A contía consignada para a realización de actividades promovidas por ditas asociacións ascende a 200.000,00 euros, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a este programa de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida 07/313.313.480.02 do orzamento ordinario da Deputación Provincial.

3.— REQUISITOS

  1. Nin a Asociación nin a súa representación legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  2. As asociacións deberán desenvolver a súa actividade na provincia de Pontevedra e terán que estar recoñecidas como tales no Rexistro de asociacións da Xunta de Galicia.
  3. Cada Asociación, só poderá presentar un Proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “anexo 1”. No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria.
  4. Consideraranse cursos, aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de socias, as cales realizarán o número total de horas que a asociación fai constar no proxecto do curso.
  5. Só se subvencionarán cursos a partir de 80 horas de duración e a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada.
  6. En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social.

4.— CONCESIÓNS

  1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito a actividade (ou actividades) subvencionadas pola Deputación en anos anteriores.
  2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a referida resolución do procedemento a vía administrativa.

5.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC, debidamente cubertas e xunto cos seguintes documentos:

  1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do” anexo 1”.
  2. Orzamento detallado e asinado da actividade a subvencionar
  3. Fotocopia do DNI da representación legal da asociación debidamente autenticada e acreditar o seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección.
  4. Fotocopia do CIF da asociación, debidamente autenticada.
  5. No caso de que o solicitante non sexa unha asociación de mulleres, e sexa a primeira vez que presenta unha solicitude, deberá achegar certificación conforme ter constituída a vocalía da muller con anterioridade o ano 2007.
  6. Declaración xurada da secretaria da asociación de que nin ésta nin a súa representanción legal se atopan incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (anexo 3)
  7. Declaración das subvencións, axudas ou ingresos obtidos a través doutras Administracións para a mesma finalidade (anexo 3).
  8. Certificación ou documento aceditativo de estar a Asociación ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (Axencia Estatal da Administración Tributaria) e coa Seguridade Social, ou declaración responsable e de compromiso de veracidade da presidenta da asociación de atoparse ó corrente no cumprimento de ditas obrigas ou autorizar a esta Deputación a obter ditas certificacións.

De non cumprirse ditos requisitos, poderán ser subsanados segundo o disposto no artigo 71 da Lei de 30/1992 de procedemento administrativo, modificada pola Lei 4/1999 de 6 de xaneiro, concedéndose a teor do indicado precepto legal, un prazo de 5 días para que se repare a falta ou se acheguen os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixese entenderá que rexeita a petición.

6.— PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación das Bases no B.O.P.

7.— CONTÍA
Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento.

  1. A contía máxima a subvencionar será de 3.500 euros.
  2. A contía da axuda para a realización de cursos virá determinada fundamentalmente por os seguintes factores:
    1. Tipo de curso (escollerase un curso do anexo 2), puntuarase segundo a posibilidade de inserción dependendo da demanda laboral actual.
    2. Número de horas do curso (mínimo 80 horas), puntuaranse máis os cursos de maior número de horas, ata un máximo de 300 horas.
    3. Intensidade do curso (número de horas á semana), puntuándose este criterio a partir das dez horas de curso semanais.
    4. Repercusión formativa e de inserción laboral da actividade no ámbito local ou provincial.

A reducción do número de horas do curso unha vez aprobada a axuda pola Deputación, levará consigo a redución segundo baremo establecido para a determinar a contía da subvención.

En ningún caso a contía das axudas recibidas por todos os conceptos poderá superar o custo total da actividade.

8.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade, de conformidade co previsto no artigo 30 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, nos tres meses seguintes a súa realización e, en todo caso, por motivosxustificados, antes do 15 de decembro de 2007, salvo situacións excepcionais de prórroga.

Para o pagamento da subvención terase en conta o seguinte:

  • No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado aboarase a totalidade subvencionada.
  • No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100% aboarase a parte proporcional da subvención.

Os documentos a presentar serán os seguintes:

  1. Xustificación do cumprimento da finalidade:
    1. Memoria explicativa, debidamente asinada, da actividade desenvolvida (anexo 4): descrición do curso, número de horas impartidas, nome e D.N.I. do monitor/a e título (cando o monitor que imparta o curso pertenza á asociación que solicita a axuda, deberá acreditar a súa formación específica para tal fin, e ser aprobado en asamblea xeral), relación de participantes co seu D.N.I. e cumprimento dos obxectivos propostos.
    2. Xustificación da difusión da cofinanciación por parte da Deputación na publicidade da asociación (dípticos, trípticos, carteis, etc.) nos cursos realizados.
  2. Xustificación de gastos:
    1. Conta xustificativa de gastos (anexo 5): nela se determinará o custo ou gasto total da actividade subvencionada, coa declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron para a finalidade subvencionada (detalle dos gastos por conceptos, sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto).
    2. Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron á finalidade subvencionada (anexo 5).
    3. Declaración responsable de que todos os documentos que avalan os gastos (facturas e demais documentos de valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo) se atopan no local social da asociación a efectos da súa posible revisión pola administración que lle outorga a subvención (anexo 5).
    4. Xustificación dos gastos con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida.
  3. Xustificación dos ingresos:
    1. Conta xustificativa de ingresos: detalle por entidades, organismos, particulares, etc.(anexo 5).
    2. Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos non superan o custo ou gasto da actividade subvencionada (anexo 5).
    3. Recursos propios utilizados.
  4. Certificación de datos bancarios da Asociación.

9.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das cláusulas da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión.

Infracción e sancións: aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, xeral de subvencións.

10.— CONTROL
Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que efectúe a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida.

11.— DEREITO SUPLETORIO
No que non prevexan as presentes Bases, estarase ó disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e demais normas de pertinente aplicación.

12.— ÓRGANO COMPETENTE PARA A SÚA APROBACIÓN
O abeiro da Base 16.2 de Execución do Orzamento para o ano 2007, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións, o órgano competente para a aprobación destas Bases Reguladoras é a Xunta de Goberno.

O que se comunica para seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do ROF. Contra este acordo que pon fin á vida administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente.



Boletín Oficial da Provincia, data 17/01/07, número 42, páxina 33, anuncio 2007000297.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/01/2007 09:43
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/