[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Axudas para asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos
servizos sociais especializados

Bases | Anexos

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, preocupada polos temas da inserción social e laboral, fundamentalmente a da poboación máis vulnerable e desfavorecida, un ano mais convoca axudas destinadas a subvencionar actuacións desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril), e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración social /e ou laboral, segundo as seguintes

C L Á U S U L A S

1.— ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas aquelas actuacións que se desenvolvan no ano 2007 promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados. As actividades obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados:

  1. Formación e integración laboral dirixida ós colectivos incluídos nos servizos sociais especializados e máis concretamente daqueles de maior vulnerabilidade. Estarían incluídos neste apartado os talleres, cursos ou actividades de carácter formativo, primándose segundo se recolle no ANEXO 3 aqueles que contemplen a integración laboral do alumno e inclúan no programa módulos de orientación laboral, prácticas en empresas ou conten en éstas con acompañamento técnico. Tamén se apoiará a posta en marcha de novas fórmulas de emprego (como as cooperativas ...) e o autoemprego.
  2. Formación e integración socio-familiar. Actividades ou cursos de carácter socioeducativo e formativo dirixidas ós colectivos incluídos no ámbitos dos Ss.Ss. Especializados que terán como fin a participación social dos colectivos afectados facilitándolles o acceso a tódolos recursos, actividades que levarían consigo a maior autonomía dos afectados e en definitiva unha mellora da calidade de vida tanto destes como a de a súas familias. Neste apartado tamén se contempla a recollida de discapacitados para cursos ou actividades de tipo formativo en transporte adaptado.
  3. Familia, coidadores e outros axentes sociais. Este ámbito ten unha dobre finalidade:
    • cubrir as necesidades dos colectivos mais vulnerables e ó mesmo tempo desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados e
    • dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos.

    Neste apartado estarían incluídos os cursos ou actividades onde se fomente o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados, características da enfermidade ou problemática que vai ser atendida, etc.

  4. Prevención, sensibilización e divulgación: dirixida a tódolos ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos afectados, familiares, etc.
  5. Xornadas, Congresos ou Simposios: deberán versar sobre temas específicos da Asociación dirixidos ós propios afectados ou interesados. Non se contemplarán as celebracións de menos de catro horas, nin aquelas actuacións que non formen parte da programación formativa ou informativa, como comidas, excursións, etc. Tampoco entrarán aquelas actividades que traten temas eminentemente sanitarios.
  6. Estudios de investigación: Terán que ser sobre temas específicos da Asociación que solicita a subvención e non terán cabida temas especificamente sanitarios.

Federacións ou Confederacións de Asociacións. Subvencionaranse programas específicos, de carácter supramunicipal, que leven a cabo itinerarios persoais de inserción laboral para persoas xa formadas ou experiencia en ditos temas. Tamén poderán subvencionarse aqueles programas que se recollen nos apartados anteriores, sempre que teñan carácter supramunicipal.

Non serán obxecto de subvención:

  • As peticións dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación.
  • As actividades socioeducativas, informativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano.
  • As actividades dirixidas á 3ª idade que estean incluídas no catálogo de actividades do Programa “Ti tamén contas” da Deputación: áreas de desenvolvemento persoal e saúde, arte e manualidades, cultura tradicional e informática...
  • Aquelas Asociacións que xa teñan outra subvención ou vaian a ser subvencionadas dentro do servizo de Acción Social durante o ano 2007.

2.— FINANCIAMENTO
A contía consignada para este fin na Partida 07/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 225.000 €, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida.

No caso de que o importe das solicitudes das axudas supere o orzamento destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas solicitudes, que reunindo tódolos requisitos, completaran antes tódala documentación e se atopen incluídas no apartado 1 da cláusula primerira. En caso de empate, terase en conta o número do rexistro de entrada na Deputación.

3.— REQUISITOS

  1. Nin a Asociación nin a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade, ou polo menos parte dela na Provincia de Pontevedra e deberán estar debidamente recoñecidas ou inscritas como tales na Xunta.
  3. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “ANEXO 2”. No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria.
  4. No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, éste irá dirixido a un só grupo de persoas polo que se computarán as horas dun só grupo.
  5. No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 1ª.
  6. Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso que presenta.
  7. Só se subvencionarán cursos de 80 horas en adiante.
  8. Deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social, en tódala publicidade que se faga da actividade.
  9. Na realización dos cursos, a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada.

4.— CONCESIÓNS

  1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores no momento da concesión das axudas do 2007.
  2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndollela instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  3. O prazo máximo para resolver a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a devandita Resolución á vía administrativa.

5.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes, no modelo oficial adxunto “ANEXO 1” ou similar, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos:

  1. Proxecto da actividade debidamente asinado e selado, no que consten os epígrafes do “ANEXO 2” especificando presuposto detallado da actividade.
  2. Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da Asociación, así como a acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade.
  3. CIF compulsado da entidade.
  4. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego.
  5. Declaración, en ANEXO 4, do/a presidente/a da Asociación no que constan:
    • A relación de axudas solicitadas pola Asociación ou xa concedidas
    • Que nin a citada Asociación nin o declarante atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
    • Que autoriza á Deputación para obter as certificacións de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesorería X. da Seguridade Social e coa Facenda do Estado.

De non presentarse a documentación solicitada, as deficiencias poderán ser subsanadas segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro concedéndose, a tenor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición.

NOTAS:

  1. Tódalas Asociacións, ainda as de carácter estatal, terán que ter CIF propio, individual.
  2. Sempre que se produzan cambios na xunta directiva ou na dirección da Asociación haberá que comunicalos ós Servizos Sociais da Deputación.

6.— PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP.

7.— CONTÍA
Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento seguindo os criterios expostos no ANEXO 3, tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes:

  1. Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral dos colectivos afectados: 4.425,00 €. Excepcionalmente e dentro desta contía, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 600 euros, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación
    Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: ata un máximo, que estará en función do proxecto, de 7.200 euros. Esta axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal.
  2. Para actividades de formación e integración socio-familiar: 3.600 €
  3. Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais:
    • Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 3.600 €
    • Para actividades de información-formación, apoio etc.: 2.100 €
  4. Para actividades de Prevención, Sensibilización e Divulgación: 2.100 €
  5. Para a celebración de Xornadas, Congresos ou Simposios: 2.100 €

En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superalo custo total da actividade.

8.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso por motivos xustificados ata o 10 de decembro (inclusive) de 2007 salvo situacións excepcionais de prórroga.

Xustificación da subvención. Para xustifica-lo cumprimento e posterior pagamento da subvención é necesario presentar:

  1. Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade indicando ademais do seu nome, a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais do nome do proxecto a descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor. Tamén se fará constar que a relación de participantes e o seu D.N.I. consta nos arquivos da Asociación a disposición da Deputación si así o requerise.
  2. Xustificación das obrigas impostas (difusión publicitaria da axuda etc.)

Xustificación de gastos:

  1. Conta xustificativa de gastos, “ANEXO 5”, polo importe do presuposto total da actividade presentado pola Asociación na súa solicitude.
  2. Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.D. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles precios unitarios e precio total do concepto.

Xustificación dos ingresos:

  1. Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares etc.)
  2. Recursos propios utilizados.
  3. Declaración responsable de que os ingresos o recursos alleos no superan o coste ou gasto da actividade, proxecto etc. subvencionado.

Certificación de datos bancarios

Na realización de cursos tenrá que respetarse o número de horas aprobadas pola Deputación en base ó proxecto presentado pola Asociación. A reducción do número de horas no momento da xustificación, levará consigo a reducción da axuda segundo baremo establecido no ANEXO 3 para a determinación da contías das subvencións.

Cando a actividade consista na celebración de Cursos os monitores que pertenzan á Asociación demandante da axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación

9.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

10.— CONTROL
Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financieiro que leve a cabo a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilicitar tódala información que lles sea requerida.

11.— DEREITO SUPLETORIO
En todo o que non prevea as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións.

12.— ÓRGANO COMPETENTE
O Órgano Competente para a aprobación destas Bases é a Xunta de Goberno, segundo se establece na base 16.2 das de Execución de Presuposto desta Deputación para 2007.

Publicación no BOP. Darase cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións en canto á publicación no BOP das subvencións concedidas ó amparo destes programas.



Boletín Oficial da Provincia, data 08/02/07, número 28, páxina 15, anuncio 2007001011.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/02/2007 13:37
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/