[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Festas da bicicleta e marchas populares - 2007

Bases | Calendario

Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, vén celebrando, en colaboración cos concellos, actividades deportivas que, polo éxito alcanzado en anos anteriores, considera conveniente conservar. A súa programación rexerase polas seguintes

B A S E S

1.— MARCHAS POPULARES
Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos, de conformidade cos seguintes requisitos:

  1. Poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos en categorías masculina e feminina.
  2. O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc.

2.— FESTAS DA BICICLETA
Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km, podendo participar quen o desexe sen límite de idade e conforme ós seguintes requisitos:

  1. O Concello sinalará a data para a súa celebración e o percorrido para efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico).
  2. Os peticionarios das probas realizarán as solicitudes de acordo co establecido no art. 2 no Anexo II do R.d. 1428/2003, de 21 de novembro (BOE núm. 306, de 23/12/03), polo que se aproba o Regulamento de circulación, en particular o referente a “probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos”.
  3. A concesión da proba obriga ós concellos a informar e dar a adecuada difusión pública do evento deportivo, así como a anunciar o patrocinio deste organismo provincial.

3.— Os concellos interesados solicitarán soamente unha das probas anteriormente relacionadas, mediante un escrito presentado no rexistro xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 2007, achegando o compromiso formal de que, no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases.

4.— A concesión das probas ós peticionarios, autorizarase pola Xunta de Goberno, tras o informe previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgotar a consignación orzamentaria.

5.— Para a organización e control das marchas populares e festas da bicicleta procederase á correspondente adxudicación do contrato de prestación de servizos, asumindo a empresa adxudicataria os gastos da montaxe de valos e demais requisitos necesarios para salvagardar a seguridade dos participantes; colocación dos carteis anunciadores e publicitarios das probas, debendo ademais suscribir a correspondente póliza de seguros para evitar calquera contratempo que poidan sufrir os participantes.

A empresa adxudicataria organizará as probas nos concellos da provincia tal e como se establece na base 3), achegando a Deputación a cantidade de setecentos euros (700,00 €) por proba celebrada.

O custo deste contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 07/451.452.227.06, por un importe de “Corenta e dous mil euros (42.000,00 €)”.

6.— A Deputación Provincial de Pontevedra sufragará os gastos de adquisición de carteis anunciadores, bicicletas, camisetas, cascos e outros premios necesarios con destino ós participantes.

A adquisición realizarase de acordo co procedemento de contratación oportuno, que se fará con cargo á partida 07/451.452.226.14, por importe máximo de “Corenta e dous mil euros (42.000,00 €)”.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2007


Boletín Oficial da Provincia, data 13/02/07, número 31, páxina 17, anuncio 2007001260.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 01/08/2007 10:39
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/