[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Organismo Autónomo Museo de Pontevedra

Bolsa arquivo documental

Bases

Convocatoria polo procedemento de concurrencia competitiva dunha bolsa de colaboración co Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra, na súa reunión do pasado 24 de xaneiro, a proposta do seu Director e tomando en consideración a necesidade de proseguir e avanzar nos traballos de catalogación e ordenación do Arquivo Doumental, acordou convocar un concurso para outorgar unha (1) bolsa de colaboración co Museo, de acordo coas seguintes

B A S E S:

1.— BOLSA QUE SE CONVOCA

  • Para perfeccionamento e prácticas na catalogación do Arquivo Documental.

2.— REQUISITOS E CONDICIÓNS

  1. Ser español/la ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España no momento da convocatoria desta bolsa, posuíndo plena capacidade de obrar.
  2. Posuír título de Licenciado/a ou Diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación, ou equivalente, tendo que ser a antigüidade de titulación inferior a tres anos no momento en que a presente convocatoria se faga pública. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar convalidados ou recoñecidos, ou deberase xustificar documentalmente que está en trámite esa convalidación ou recoñecemento no momento de solicitar a bolsa.
  3. Non ter emprego retribuído, nin disfrutar de bolsa algunha, nin ter sido bolseiro/a do Museo Provincial de Pontevedra.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (Estado e Deputación) e fronte á Seguridade Social, o que se acreditará mediante declaración responsable.
  6. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición d ebeneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, que tamén se acreditará mediante declaración responsable.
  7. Os estudos, colaboracións e prácticas do/a bolseiro/a servirán para o seu perfeccionamento profesional e haberán de realizarse baixo a supervisión e na forma e horarios que sinale a Dirección do Museo.
  8. A bolsa non establece ningunha relación funcionarial nin laboral coa Excma. Deputación Provincial nin co Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra, nin supón tampouco ningún compromiso para a incorporación posterior do/a bolseiro/a ó cadro de persoal daquel.

3.— DOTACIÓN E DURACIÓN

  1. A bolsa estará dotada coa cantidade de 10.200,00 euros anuais, pagables por doceavas partes, a razón de 850,00 euros brutos mensuais, que se imputará á partida 454-453-481.01 do orzamento do Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra.
  2. A duración da bolsa será dun ano natural, podendo prorrogarse por períodos iguais se o/a bolseiro/a se fixese acreedor/a a iso, sen que en ningún caso a duración total da bolsa sobrepase tres anualidades. O/a beneficiario/a non poderá renunciar á bolsa, a non ser por causa xustificada, sen ter transcurrido, cando menos, seis meses consecutivos, contados desde a data en que, como tal, comece a disfrutala.
  3. A Dirección do Museo poderá propoñer ó Consello Reitor o cese no disfrute da bolsa por falta de dedicación ou por incumprimento das normas sinaladas para o desempeño do labor do/a bolseiro/a.

4.— DOCUMENTACIÓN E PRAZOS

  1. Os/as interesados/as deberán presentar:
    1. Instancia de solicitude cos datos persoais, dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente do Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra.
    2. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou de calquera outro que o substitúa.
    3. Documento acreditativo de estar en posesión do título de Licenciado ou Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
    4. “Curriculum vitae”, con certificación académica que inclúa o expediente, especificando, ademais, os méritos científicos que consideren oportunos.
    5. Acreditación de cursos ou ciclos de especialización.
    6. Declaración xurada de non ter emprego nin disfrutar de ningunha outra bolsa.
  2. O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia, debendo facelo na Secretaría do Museo (Rúa Pasantería, núm. 2-10, Apartado de Correos 104. 36080 - Pontevedra) ou nos rexistros a que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC e cos datos que se sinalan no artigo 70 da mesma norma.

5.— COMISIÓN SELECCIONADORA
Para poder valorar os méritos achegados polos/as interesados/as constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    A Presidenta Executiva do Organismo Autónomo.
  • Vocais:
    O Director do Museo Provincial de Pontevedra e un membro do Consello Asesor designado pola Presidencia.
  • Secretario:
    O do Organismo Autónomo ou funcionario de carreira en quen delegue, con voz e sen voto.

A Comisión reunirase dentro dos quince días naturais seguintes ó de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6.— SELECCIÓN
A selección do/a bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos/as interesados/as segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de seis (6) puntos.
  2. Por outras licenciaturas, un (1) punto.
  3. Por outras ensinanzas relacionadas coa bolsa, ata un (1) punto.
  4. Por bolsas disfrutadas, relacionadas coa temática da bolsa obxecto da convocatoria, medio (0,5) punto por ano ou fracción superior a seis meses.
  5. Por contratos de traballo en postos similares ou relacionados coa bolsa obxecto da convocatoria, un (1) punto por ano ou fracción superior a seis meses.
  6. Por publicacións relacionadas coa bolsa obxecto da convocatoria, ata medio (0,5) punto.
  7. Por asistencia a cursos relacionados coa temática da bolsa, ata medio (0,5) punto.
  8. Por outros méritos, ata medio (0,5) punto.
    Os tres aspirantes que acaden a maior puntuación pasarán a unha entrevista persoal, que será valorada ata un máximo de cinco (5) puntos.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión seleccionadora, expresamente facultada polo Consello Reitor do Organismo Autónomo, unha vez evaluado todo o relacionado no apartado anterior, adxudicará a bolsa ó/á aspirante que obteña a maior puntuación, sendo comunicado o acordo ó/á adxudicatario/a.

8.— REQUISITOS A CUMPRIR POLO/A BOLSEIRO/A

  1. Quen resulte bolseiro/a presentará documentación oficial acreditativa de tódolos extremos do "curriculum" e das súas circunstancias académicas, como requisito previo para iniciar o disfrute da bolsa, que perderá de non cumprir este trámite.
  2. A persoa que obteña a bolsa ha de incorporarse o día 1 do próximo mes de abril, séndolle expedida pola Dirección do Museo certificación acreditativa do comezo dos estudos e prácticas.
  3. Será imprescindible para optar á prórroga da bolsa a presentación, antes do 30 de novembro do 2007 e en igual día dos anos seguintes, dunha Memoria de Actividades na que se contemplarán tanto as tarefas de investigación persoal como as derivadas da participación nos traballos e labores especificamente desenvolvidos no Museo.
  4. A valoración negativa da Memoria de Actividades será causa da perda ou extinción da bolsa, previo acordo do Consello Rector.
  5. Finalizados os estudos e prácticas poderá emitirse, a petición de parte, informe sobre os mesmos pola Dirección do Museo.
  6. Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, o/a bolseiro/a estará suxeito ós deberes que, con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da Lei Xeral de Subvencións. Así mesmo terá a obriga de faciliatr a información que lle sexa requerida polo Tribunal de Contas.

9.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e ademais ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e á Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

10.— CLÁUSULA FINAL
A concurrencia á presente convocatoria supón a total aceptación das Bases da mesma.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2007
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 13/02/07, número 31, páxina 18, anuncio 2007001265.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/02/2007 15:07
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/