[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC)
ano 2007

Bases | Anexos

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 9 de febreiro de 2007, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC)
ANO 2007

A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de fomentar e impulsar investimentos para Agrupacións Veciñais, dadas as carencias de recursos das mesmas, aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2007, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes:

“BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC),
PARA O EXERCICIO 2007

1.— OBXECTO
A finalidade desta convocatoria e apoiar ás Agrupacións Veciñais na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, durante o ano 2007.

Os obxectivos dos investimentos que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes:

  1. A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida.
  2. O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requerirá a unión de recursos, esforzos e vontades.

Poderán ser obxecto da subvención:

  1. As obras incluídas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local, coa excepción da compra de terreos.
  2. Adquisicións que teñan relación coas materias antes ditas.

2.— FINANCIAMENTO
O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases.

Dito Programa, por importe de seiscentos mil euros (600.000,00 €), financiarase con cargo ó Orzamento de 2007, partida 911.514.789.07, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos.

3.— REQUISITOS
As actuacións comunitarias serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos:

  1. Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar.
  2. Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse.

4.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas todas as Agrupacións Veciñais que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ó que pertence.
  3. Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

5.— SOLICITUDES E DOCUMENTACION
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Proxecto ou memoria explicativa do investimento concreto, acompañado de croquis de situación, asinado polo representante.
  2. Orzamento do investimento a realizar, ben sexa obra ou adquisicións de subministros ou equipamentos.
  3. Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras ou adquisicións, en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada.
  4. Declaración responsable na que conste se a Agrupación de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade ou investimento a subvencionar, e compromiso de comunicar a Deputación as que se obteñan nun futuro.
  5. Acta de constitución da Agrupación Veciñal, e fotocopia compulsada do CIF, deberase presentar en todo caso.
  6. Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias (Estado e Deputación) e coa Seguridade Social.
  7. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria.
  8. Certificación da sucursal correspondente da conta bancaria na que terá que ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación ou como mínimo de tres titulares que figuren na Acta de constitución da mesma.

As Agrupacións só poderán solicitar unha subvención por cada investimento, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude.

Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licenzas necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística e demais disposicións aplicables.

Solicitarán licenza do Concello, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes, unha vez concedida a subvención pola Deputación.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

6.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 30 días naturais.

7.— DESTINO
O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria utilizarase exclusivamente, tratándose de obras, na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria, e no caso de adquisicións, na compra das mesmas.

8.— COMPATIBILIDADE
As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma obra ou adquisición, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o custo da actividade a realizar. A tal efecto comunicarase a Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluía a propia Deputación, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros.

9.— SELECCION E CONCESIÓN
A asignación de subvencións das distintas obras ou adquisicións farase en función dos seguintes criterios:

  1. Número de veciños beneficiarios afectados da obra ou adquisición para a que se solicita a subvención.
  2. Incidencia e interese municipal ou provincial.
  3. A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria.
  4. A necesidade das obras ou adquisicións apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso.
  5. Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar.

Así mesmo, os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar unha reformulación da subvención concedida.

As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades. Sendo procedemento ordinario de concesión das axudas o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente Orzamento provincial.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade ou da adquisición ou da mellora a desenvolver polo beneficiario.

10.— XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS

  1. As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días contados dende a súa notificación.
    Así mesmo, os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar unha modificación das subvencións concedidas.
  2. Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizado o investimento, ben sexan obras u adquisicións, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 31 de outubro do 2008.
    Se non puidesen executalas no prazo establecido, poderase solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación que non exceda da metade do mesmo.
  3. Será esixida a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención.
    No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención.
  4. Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos:
    1. Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. Admitíndose só aquelas que inclúan materiais, aluguer de maquinaria, ou a realización dalgunha adquisición. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida.
    2. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación o orzamento que serviu de base á concesión).
    3. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose mais que o importe xustificado co límite da subvención concedida.
    4. Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comprobar a realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou orzamento ou, no seu caso, memoria valorada.
    5. Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma.
    6. Acreditación de estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención.
    7. A xustificación deberá acompañarse dunha memoria da actividade ou do investimento realizado e dos resultados obtidos.
    8. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte:
      • No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
      • No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da subvención.

O aboamento da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta.

11.— CAMBIO DE APLICACIÓN
Non se admitirá o cambio de aplicación da subvención se non se solicita antes do 31 de marzo do 2008, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova obra no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa.

12.— DEVOLUCIÓN E REINTEGRO
As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requiridas.
  2. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida.
  3. Por incumprilo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.

As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación.

13.— APROBACIÓN DAS BASES
De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do orzamento para o 2007, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

14.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003).

15.— RECLAMACIÓNS
Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.”

Pontevedra, 14 de febreiro de 2007


Boletín Oficial da Provincia, data 21/02/07, número 37, páxina 28, anuncio 2007001615.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/02/2007 10:16
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/