[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Organismo autónomo Turismo Rías Baixas

Bolsas de estudos e prácticas en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra

Bases

Bases

Bases da convocatoria para a concesión de bolsas de estudos ou becas para a realización de prácticas en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra durante o ano 2007.

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
A concesión polo Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” de bolsas de estudos ou becas para a realización de prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante o ano 2007, con cargo á consignación de 160.000 € da partida 07/875.751.462.03.

2.— BENEFICIARIOS
Unicamente poderán disfrutar das bolsas de estudos ou becas os diplomados/as ou titulados/as en Turismo, Técnico Superior de Información y Comercialización Turística ou ben estudantes de Turismo, que xustifiquen documentalmente tal condición antes da realización das bolsas. Turismo Rías Baixas facilitará ás entidades que o precisen os datos de posibles candidatos beneficiarios para cumplir esta cláusula 2ª e a 11ª destas Bases.

A condición de becario/a ou bolseiro non xerará ningunha relación laboral ou administrativa nin a súa inclusión na Seguridade Social.

3.— PETICIONARIOS
Serán tódolos Concellos e Mancomunidades da provincia que teñan Oficina Municipal ou Mancomunada de Turismo aberta ó público.

Excepcionalmente e a petición dos interesados, poderán ser concedidas bolsas ou becas para realizar prácticas en entidades ou corporacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades relacionadas co Turismo, durante o período e a contía que acorde o Consello Reitor de Turismo Rías Baixas.

Para ser beneficiario será necesario:

  • Non estar incurso nas causas de prohibición para recibir subvencións, previstas no artigo 13.2 da LGS.
  • Estar ó corrente das obrigas adquiridas con Turismo Rías Baixas por subvención recibidas en anos anteriores.

4.— CONTÍA
Cada bolsa ou beca terá unha contía de 800 € ó mes, a percibir por parte da entidade peticionaria unha vez finalizado o período de prácticas. Sen embargo, o Concello, Mancomunidade ou Entidades solictiantes deberán facer pagos mensuais o/a becario/a, por conseguinte adiantando dita cantidade.

5.— PERÍODO
As bolsas ou becas concédense para realizar prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante un período máximo de seis meses, quedando a elección do Concello ou Mancomunidade o establecemento dese período nos meses que dexese e o número de meses que pretenda contar coa beca ou bolsa.

Este período debe ser especificado claramente na solicitude presentada e non terá por que ser continuo, decidindo a entidade solicitante se prefire facelo continuo ou ben discontinuo, adaptándoo ás necesidades dos eventos que teñan lugar nos Concellos. Non obstante, na solicitude das becas deberán indicarse os diferentes períodos de traballo. O Consello Rector de Turismo Rías Baixas decidirá o período máximo para o que se concederá a bolsa ou beca.

6.— SOLICITUDES
Os Concellos ou Mancomunidades peticionarias solicitarano mediante o formulario que lle será facilitado en Turismo Rías Baixas, dirixido ó seu Presidente, indicando si se solicitan un ou máis bolseiros/as e o período no que realizarán as prácticas, sen que éste poida ser superior a seis meses.

Será necesario tamén o número completo da conta bancaria (vinte díxitos) do Concello ou Mancomunidade, para realizar o ingreso.

7.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días naturais contados a partir do seguinte á publicación das presentes Bases no B.O.P., no Rexistro da Secretaría de Turismo Rías Baixas (9 a 13 horas), sito na Pza. Santa María s/n. 36071 Pontevedra. No suposto de que o último día do prazo fora domingo ou festivo, entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.

8.— SELECCIÓN DE BECARIOS/AS
Unha vez comunicada por Turismo Rías Baixas a concesión de bolsas ou becas, os becarios/as serán seleccionados polos respectivos Concellos ou Mancomunidades, mediante probas das que poderá formar parte un técnico de Turismo “Rías Baixas”, comunicándoselle por escrito a Turismo Rías Baixas o nome, titulación ou acreditación do bolseiro, requisito sen o cal non será aboada ningunha beca ou bolsa.

9.— FORMACIÓN
Cara unha unificación dos criterios informativos a nivel provincial, Turismo Rías Baixas establecerá algunha(s) xornada(s) de presentación ou formación na súa Sede do Palacete das Mendoza, así como criterios xerais de vestimenta, imaxe dos bolseiros, elementos comúns de soporte de materiais, enquisas de información, horarios, etc.

10.— ABOAMENTO DAS BECAS
O abono da contía total das becas correspondentes a cada Concello ou Mancomunidade efectuarase unha vez finalizado o período de prácticas e trala remisión as Oficinas de Turismo Rías Baixas do correspondente certificado do Secretario ou interventor do Concello ou Mancomunidade.

A xustificación da subvención realizarase mediante certificación do Secretario ou Interventor, na que deberá constar:

  • Os/as bolseiros/as con cargo a fondos do OAL de Turismo e do Concello ou Mancomunidade realizaron as prácticas polo período de duración da bolsa concedida.
  • O Concello ou Mancomunidade concedeu como mínimo outras tantas bolsas cá mesma ou maior duración, cá mesma titulación e con cargos a fondos propios.
  • Importe total satisfeito ós bolseiros financiados cós fondos do OAL de Turismo e con cargo a fondos propios.

11.— OBRIGA DA ENTIDADE PETICIONARIA
A concesión de becas leva aparellada a obriga por parte da entidade peticionaria de costear como mínimo outras tantas o seu exclusivo cargo, durante igual período e mesma titulación, así como de velar polo correcto funcionamento do punto de información, dotándoo dos elementos mínimos de uso e de amplo horario e datas de apertura.

12.— INFORMACIÓN
Nas oficinas de “Turismo Rías Baixas” no Palacete das Mendoza na Pza. de Sta María s/n, teléfono 986 84 26 90, fax 986 86 87 50 ou en www.riasbaixas.org

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2007
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 22/02/07, número 38, páxina 52, anuncio 2007001682.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/02/2007 14:23
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/