[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

BASES REGULADORAS DE AXUDAS
ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS ANO 2007

Bases | Modelo de solicitude | Modelo de declaración | Conta xustificativa

anuncio

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2007.

1.— OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que otorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de SETENTA E CINCO MIL (75.000,00.-) EUROS con cargo á partida presupostaria 07/711.711.779.02, para axudas a investimentos realizados para a recuperación e construcción de embarcacións tradicionais adicadas a actividades de promoción socio-cultural. Estas axudas promoverán accións tendentes á recuperar o patrimonio marítimo tradicional e mellora das manifestacións culturais, así como a xerar beneficios no seu entorno.

MATERIAPROGRAMAPARTIDAORZAMENTO
PESCAAxudas ás embarcacións tradicionais07/711-711-779.0275.000,00 €

2.— TIPOS DE INVESTIMENTOS QUE PODERÁN ACCEDER A UNHA AXUDA
Poderase subvenciona-la recuperación e a construcción de réplicas de embarcacións tradicionais de pesca para o uso en actividades de promoción socio-cultural. As ditas axudas son incompatibles co uso da embarcación para a pesca e a acuicultura, e con calquera das axudas incluídas no programa comunitario ou autonómico de construcción e modernización de embarcacións pesqueiras.

Poderanse solicitar axudas para todos aqueles accesorios e materiais de mantemento das embarcacións tradicionais, que sexan de inversión e necesarios para o seu uso nas mencionadas actividades (velas, motores, remolques, reparacións da cuberta, obra morta, arboladura, seguridade, etc...).

As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 50% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós orzamentos e os proxectos presentados.

3.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas entidades de carácter social e cultural que teñan entre os seus obxectivos a recuperación e conservación do patrimonio marítimo, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
  3. Estar inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia.
  4. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003 Xeneral de Subvencións.

4.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servicio Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Memoria da actividade a desenvolver.
  2. Presuposto do investimento.
  3. Certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para face-la solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
  4. Fotocopia compulsada dos estatutos da persoa xurídica ou sociedade.
  5. Fotocopia compulsada do documento que acredite a inscrición no rexistro de asociacións.
  6. Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.
  7. Declaración de non ter solicitadas axudas económicas e /ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin.
  8. Declaración de compromiso de non transferi-la propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas.
  9. Declaración asinada polo presidente da asociación ou asinante da solicitude conforme non estea incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da Administración, conforme ó disposto no art.. 13.3 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e coñece e acepta as bases da convocatoria.
  10. Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación ou acreditación da cesión dela.
  11. Folla de Asento da embarcación ou solicitude de tela en trámite.
  12. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas.
  13. Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda.

As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicita-las aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezcan sobre a actuación proposta.

5.— VALORACIÓN E CONCESIÓN
Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

  • Nº de socios da Asociación ata un máximo de 10 puntos.
  • Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos.

As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños.

O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños.

6.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes.

7.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, cumprindo co disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade do investimento.

Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

Para o pago da subvención terase en conta o seguinte:

  1. No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  2. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

Para cobra-la subvención as entidades deberán presenta-la seguinte documentación:

  • Memoria asinada polo asinante da solicitude, conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda.
  • Conta xustificativa dos gastos, asinada polo responsable da solicitude, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda.
  • Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo responsable da solicitude coa data do día no que se presente dita xustificación.
  • Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.
  • Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servicio provincial de Intervención.

A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de comunicación da axuda concedida, se ben antes de finaliza-lo prazo, éste poderá ampliarse solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo.

8.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflictindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

9.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación e nos demais supostos recollidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

10.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non disposto nas presentes bases, rexerá o disposto nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación.

11.— PRAZO DE RESOLUCIÓN
O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.



Boletín Oficial da Provincia, data 23/02/07, número 39, páxina 14, anuncio 2007001678.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/02/2007 10:33
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/