[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases reguladoras de axudas
á pesca costeira artesanal. Ano 2007

Bases | Modelo de solicitude | Modelo de declaración | Conta xustificativa

anuncio

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2007.

1.— OBXECTO
A Deputación Provincial de Pontevedra, concederá axudas a investimentos realizados para a mellora de embarcacións adicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra, apoiando a adquisición de equipamentos que supoñan unha evidente mellora tecnolóxica na seguridade ou a comercialización. Estas axudas promoverán accións tendentes á modernización das embarcacións e mellora das condicións laborais dos seus tripulantes: haladores, sondas, radares, GPS, adquisición de elementos de seguridade: chalecos, aros salvavidas..., así como melloras na comercialización mediante á adquisición de remolques isotermos que permitan o traslado das capturas a outras lonxas onde se acadan mellores prezos dos seus productos.

MATERIAPROGRAMAPARTIDAORZAMENTO
PESCAAxudas á pesca costeira artesanal07/711-711-779.02100.000,00 €

2.— TIPOS DE INVESTIMENTOS QUE PODERÁN ACCEDER A UNHA AXUDA
Poderanse subvencionar inversiones en equipamentos que supoñan unhas evidentes melloras tecnolóxicas, de seguridade, así así como na comercialización, nos que nunca se incluirán reparacións, nin material usado.

As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 40% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos presentados, aplicando os topes seguintes:

Equipamento:

  • Halador ata 1.000 euros
  • Sonda ata 600 euros
  • VHF ata 300 euros
  • Radar ata 700 euros
  • GPS ata 500 euros

Estas axudas serán incompatibles con outras cos mesmos obxectivos.

3.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas persoas físicas ou xurídicas, armadores de embarcacións artesanais, adicadas a artes menores, incluíndo a explotación de marisqueo e recursos específicos, con porto base no ámbito na provincia de Pontevedra e inscritas no censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Domicilio social na provincia de Pontevedra, no caso das persoas xurídicas, ou residencia, no caso das persoas físicas.
  2. Que presenten un volume de venda en lonxa de alomenos 7.500 euros.
  3. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003 Xeneral de Subvencións.

4.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servicio Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Presuposto do investimento.
  2. Copia compulsada do Permiso de Explotación.
  3. Fotocopia compulsada do DNI ou da tarxeta de identificación fiscal da entidade e do DNI do representante legal no seu caso.
  4. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin.
  5. Declaración de compromiso de non transferila propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas.
  6. Declaración asinada polo interesado, ou no caso de persoas xurídicas polo representante legal da mesma, conforme non estar incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir axudas da Administración, conforme ó disposto no art.. 13.3 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e coñecer e aceptar as bases da convocatoria.
  7. Declaración de non ter solicitada ou concedida outras axudas públicas para este mesmo fin.
  8. Certificación expedida por unha vendeduría legal das vendas realizadas durante o exercicio do 2006.
  9. Fotocopias compulsadas da Folla de Asento.
  10. Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación.
  11. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas.
  12. Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicita-las aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezcan sobre a inversión proposta.

5.— VALORACIÓN E CONCESIÓN
Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

  • Importe das vendas xustificadas no exercicio 2006 ata un máximo de 10 puntos.
  • Se é a primeira vez que recibe unha axuda polas inversións que figuran nas bases ata un máximo de 10 puntos.

As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños.

O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños.

6.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes.

7.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, cumprindo co disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade do investimento.

Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

Para o pago da subvención terase en conta o seguinte:

  1. No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  2. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

Para cobra-la subvención as entidades deberán presenta-la seguinte documentación:

  1. Memoria xustificativa da realización das actuacións propostas e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, dando cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do regulamento da Lei Xeral de Subvencións.
  2. Conta xustificativa dos gastos, asinada polo beneficiario da axuda o caso das persoas físicas, ou polo representante legal da entidade, no caso de persoas xurídicas, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda.
  3. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación.
  4. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.
  5. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servicio Provincial de Intervención.

O prazo máximo de xustificación das inversións será de seis meses a partir da concesión da axuda, dentro do cal deberán estar realizados os investimentos subvencionados, si ben antes de remata-lo prazo, éste poderá ampliarse solicitando o beneficiario por escrito prórroga do mesmo.

8.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflictindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

9.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación e nos demais supostos recollidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

10.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non disposto nas presentes bases, rexerá o disposto nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación.

11.— PRAZO
O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.

Pontevedra, 16 febreiro 2007


Boletín Oficial da Provincia, data 26/02/07, número 40, páxina 9, anuncio 2007001677.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/02/2007 10:47
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/