[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bolsa de colaboración co organismo autónomo local Turismo Rías Baixas

Bases | Modelo de solicitude

De conformidade coa proposta do Director de Turismo Rías Baixas e en virtude das facultades que me confire a base 15-2, a) das aprobadas para a execución do orzamento de Turismo Rías Baixas, este convoca unha bolsa de Técnico de Imaxe e Son para realizar tarefas de estudios e necesidades/investigación no campo da fotografía para Turismo Rías Baixas.

BASES

1.— OBXECTO
Esta bolsa ten por obxecto a realización de prácticas de fotografía, creación, tratamento, estudio e investigación de imaxes para o Organismo Autónomo “Turismo Rías Baixas”.

2.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reunir as seguintes condicións:

  1. Ser español ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España no momento da convocatoria desta bolsa, posuíndo plena capacidade de obrar.
  2. Non contar con máis de vintesete anos no momento da convocatoria.
  3. Ter o título de Técnico do Ciclo Superior de Imaxe e Son. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos, ou deberá xustificar documentalmente que está en trámite esa validación ou recoñecemento de solicitar a bolsa.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  6. O bolseiro, en caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro seguro privado deberá suscribir unha póliza de seguro de asistencia médica.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa terá unha dotación económica de 850,00 € brutos /mes, que se imputará á partida 07/875-751-481.01 do orzamento de Turismo Rías Baixas.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria se dirixirán ó Presidente de Turismo Rías Baxas no rexistro deste (Pza. Sta. María s/n. Pontevedra) de 09.00 horas a 13.00 horas, e nos rexistros e lugares a que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC e cos datos que se detallan no artigo 70 da mesma norma, no prazo de 15 días naturais a contar dende o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Á instancia achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documentos acreditativos compulsados de té-los títulos requeridos.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa compulsada deste.
  4. Acreditación de cursos ou ciclos de especialización (fotocopias compulsadas).
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa.
  6. Fotocopia compulsada da Tarxeta da Seguridad Social ou Seguro Médico

5.— COMISIÓN SELECCIONADORA
Para poder avaliar os méritos achegados polos aspirantes constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    O presidente de Turismo Rías Baixas, ou membro en quen delegue.
  • Vocais:
    O interventor e o Director de Turismo Rías Baixas.
  • Secretario:
    o de Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira en quen delegue.

Tódolos membros terán voz e voto.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico do Ciclo, ata un máximo de 4 puntos.
  2. Outros méritos, ata un máximo de 2 puntos. Por ter realizado ciclos ou cursos de máis de 40 horas relacionados coa materia obxecto da bolsa, 0,50 puntos por cada un deles.
  3. Os aspirantes que obtivesen as tres mellores puntuacións na valoración de méritos pasarán unha entrevista persoal, que se valorará ata un máximo de 4 puntos.

A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículum. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorra un mes, contado a partir da publicación da convocatoria. Transcorrido este prazo, entenderanse desetimadas as peticións presentadas.

7.— RESOLUCIÓN
O presidente de Turismo Rías Baixas, á vista da proposta da comisión seleccionadora, adxudicará a bolsa ó aspirante que obteña maior puntuación no proceso de selección. Este acordo publicarase no taboleiro de información de Turismo Rías Baixas.

8.— OBRIGAS DE TURISMO RÍAS BAIXAS

  1. Pagamento mensual da bolsa pola cantidade bruta de 850,00 euros.
  2. Subscrición dunha póliza de seguro de accidentes.
  3. Facilitación dos medios necesarios para que o bolseiro desempeñe as súas realizar tarefas.

9.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración improrrogable ata o 31 de decembro de 2007.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observar os horarios e a disciplina de Turismo Rías Baixas co fin de promocionar o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. Aceptar e beneficiarse desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial con Turismo Rías Baixas, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. Aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nas bases reguladoras e na convocatoria da bolsa.
  6. Xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
  7. Desenvolver a actividade obxecto da colaboración cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentando os informes que determine a dirección.
  8. Presentar ante Turismo Rías Baixas, no prazo dun mes a partir da finalización dos traballos de colaboración, un informe final explicativo do labor realizado.
  9. Ceder a Turismo Rías Baixas tódolos dereitos dos traballos realizados con motivo desta bolsa.
  10. Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, quedan suxeitos ó deber que, con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da Lei xeral de subvencións. Así mesmo, estarán obrigados a facilitar a información que lles sexa requirida pola administración.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
As dúbidas que puideran xurdir durante a fase do concurso e da vixencia da bolsa serán resoltas polo Consello Reitor, previos informes do secretario e do interventor.

11.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e ademais ó previsto na Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 6 de Febreiro de 2007
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 12/03/07, número 50, páxina 25, anuncio 2007002313.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/03/2007 10:37
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/