[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE SETEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10 11 12
AUDIOVISUAIS 

Aartistas galegos



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038.ADP
1.2. Título Artistas galegos
1.3. Datas 1950 ( aprox.) -2006
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Inventariadas 100 unidades de instalación, correspondentes a 300 artistas con soportes e papel disquete, cd e dvd


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Os documentos proceden directamente de cada artista
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Artistas de Galicia ou con especial relación coa cultura galega.
2.3. Historia arquivística Tendo como antecedente as Bienais de Arte que se produciron desde 1969 en Pontevedra baixo o patrocinio e organización da Deputación, e xa coa iniciación da Facultade de Belas Artes, cremos de interese recadar documentación dos artistas do contorno cultural galego, polo que no ano 2005 se iniciou a recollida, rexistro e inventariado de documentación que se mantén no actual ano de 2007.
2.4. Forma de ingreso A forma de ingreso prodúcese por aportación directa dos autores ou de familiares herdeiros


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Por ser o único arquivo coñecido de documentación de artistas en Galicia, cremos que xa ten un interese no ámbito de estudo das artes galegas. Tense ademais a intención de facer recollida, a través de investigación sobre calquera información documental ou visual, dos artistas do século XIX e anteriores. Só abrangue o contorno cultural e territorial de Galicia
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se establece ningún sistema de valoración selectiva. Unicamente se recolle a documentación dos produtores de arte de Galicia sen criterios iniciais de cualidades e contidos, sendo condición única ser galego ou desenvolver boa parte do traballo creativo en Galicia
3.3. Novos ingresos Manterase a disposición de recepción documental permanente,e tamén as actualizacións. Elimínanse duplicados
3.4. Organización En proceso de organización, aínda que a base de datos proporcionará a información necesaria de xeito moi completo. Inicialmente a organización é simplemente onomástica porque unha boa parte dos artistas participan das diferentes actividades creativas


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para todos os cidadáns
4.2. Condición de reprodución Sometidos a leis arquivísticas vixentes e especialmente á lei de propiedade intelectual. Non se permitirá reproducións no arquivo e excepcionalmente poderá reproducirse naqueles casos nos que o autor ou lexítimos herdeiros o autoricen explicitamente
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos A lingua castelán é a dominante aínda que tamén a galega ,e nalgúns casos tamén en lingua inglesa.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O soporte maioritario é o papel aínda que tamén contén negativos e positivos fotográficos, cds e dvds. Algúns deles corresponde a obra orixinal
4.5. Instrumentos de descrición Rexistro inventario e base de datos en Acces, pendente de trasladarse a File Maker


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Supoñemos que moitos dos documentos orixinais obran en propiedade dos correspondentes autores ou herdeiros
5.2. Existencia e localización de copias Descoñecémola. Supoñemos que a diferente bibliografía se atopara en calquera biblioteca, especialmente na biblioteca da facultade de Belas Artes
5.3. Unidades de descrición relacionadas Cremos que non existe ningún fondo específico semellante a este, en todo caso si podemos localizar a diferente bibliografía da arte galega
5.4. Nota de publicacións Practicamente tódolos autores envían bibliografía o folletos relativos ó autor e a súa obra.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Director: Miguel Pereira Figueroa
7.2. Regras ou normas Aplicación básica ás normas de ISAD ( G )
7.3. Data da descripción Abril 2007

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10 11 12

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2012 13:37
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/