[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Asociacións culturais
sen ánimo de lucro
Subvencións a escolas e conservatorios de música
Feiras exposicións e congresos
Recuperación do patrimonio
Conservatorios e escolas
de música
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

Axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública

Bases | Modelo de solicitude | Modelo de declaración

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 18 de xullo de 2007, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Bases para a concesión de axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública.

O art. 64.2º da Lei orgánica 10/2002, de 23 de decembro (BOE de 24 de decembro), de calidade da educación clasifica como centros docentes públicos aqueles que teñen como titular un poder público. Así pois, os conservatorios de música dependentes de concellos teñen a consideración de centros públicos.

Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia veñen desenvolvendo un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

En consonancia coa política desta Deputación, en vista da crecente demanda das ensinanzas de música e coa finalidade de prestarlles apoio ás iniciativas doutros entes públicos para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a conservatorios de música:

1.— OBXECTO
Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, dos conservatorios non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, desde o 1 de xaneiro de 2007 deica o 31 de decembro de 2007.

O importe total das axudas será de cento cincuenta e dous mil douscentos euros (152.200,00 €) que se financiarán con cargo á partida 07/451.422. 462.04 do orzamento provincial para o ano 2007.

2.— SOLICITANTES
Poderán solicitar estas axudas os titulares dos conservatorios de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

3.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 30 de setembro de 2007.

4.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Orzamento que dedica o Concello para o Conservatorio.
  2. Relación de persoal docente e non docente.
  3. Número de alumnos matriculados no curso 2006/2007.
  4. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante.
  5. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades.
  6. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria.

5.— VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, polo menos, os seguintes criterios:

  1. Número de alumnos matriculados no curso 2006/2007, ata 25 puntos.
  2. Número de profesores, ata 15 puntos.
  3. Orzamento do conservatorio, ata 35 puntos.

As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.

Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

6.— PAGAMENTO
As subvencións estarán condicionadas aos orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).

Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade.

O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento 2007, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade, no prazo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2008.

7.— OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Nas comunicacións, escritos e propaganda dos conservatorios de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

8.— ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DE BASES
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2007 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

9.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Pontevedra, a 19 de xullo de 2007
O PRESIDENTE
ilexible
O XEFE DO SERVIZO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 27/07/07, número 145, páxina 10, anuncio 2007007218.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/07/2007 13:42
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/