[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Asociacións culturais
sen ánimo de lucro
Subvencións a escolas e conservatorios de música
Feiras exposicións e congresos
Recuperación do patrimonio
Conservatorios e escolas
de música
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

Bases para a concesión de axudas a escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro

Bases | Modelo de solicitude | Modelo de declaración

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 18 de xullo de 2007, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Bases para a concesión de axudas a escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas.

Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música:

1.— OBXECTO
Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que radiquen na provincia de Pontevedra, desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2007.

O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) que se financiarán con cargo á partida 07/451.422.489.09 do orzamento provincial para o ano 2007.

2.— SOLICITANTES
Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

3.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 30 de setembro de 2007.

4.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Fotocopia cotexada do C.I.F. da Entidade titular do Centro
  2. Fotocopia cotexada do DNI do representante da Entidade
  3. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante
  4. Orzamento de gastos da Escola
  5. Relación de persoal docente e non docente
  6. Número de alumnos matriculados no curso 2006/2007
  7. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades
  8. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria.
  9. Declaración de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

5.— VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, polo menos, os seguintes criterios:

  1. Número de alumnos matriculados no curso 2006/2007, ata 25 puntos.
  2. Número de profesores, ata 15 puntos.
  3. Orzamento da escola de música, ata 60 puntos.

As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.

Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

6.— PAGAMENTO
As subvencións estarán condicionadas aos orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).

Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade.

O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento 2007, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade, no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2008.

7.— OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

8.— ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DE BASES
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2007 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

9.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Pontevedra, a 19 de xullo de 2007
O PRESIDENTE
ilexible
O XEFE DO SERVIZO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 27/07/07, número 145, páxina 12, anuncio 2007007216.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/07/2007 13:38
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/