[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 20 DE NOVEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Rodeiro » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Rodeiro
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
RODEIRO 

Introducción

O concello de Rodeiro sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, incluído no partido xudicial de Lalín e na comarca xeográfica do Deza, lindando coas provincia da Lugo -concellos de Antas de Ulla, Taboada, Chantada e Carballedo- e Ourense -concellos de Cea e Piñor, ademais dos concellos da propia provincia de Pontevedra, Lalín, Agolada e Dozón.

Ocupa unha superficie total algo superior ós 153 quilómetros cadrados cun total de 143 entidades de poboación dispersas en vinte parroquias diferentes: Álceme, Arnego, Asperelo, Az, San Salvador de Camba, San Xoán de Camba, Santa Baia de Camba, Carboentes, Fafián, Guillar, Negrelos, Pedroso, Pescoso, A Portela, Río, Riobó, Rodeiro, O Salto, Senra e Vilela, nas que residen ó redor de cinco mil cincocentos habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían, agás a do Salto, da xurisdicción de Camba, na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. A antedita parroquia do Salto dependía do señorío do mosteiro de Oseira.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Guillar, Rodeiro, Camba e Carboentes; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro.

No caso de Rodeiro, queda integrado polas actuais vinte parroquias, sen que se producisen modificacións na súa configuración ó longo dos anos de existencia.

Deste funcionamento continuado do concello de Rodeiro xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do propio concello e nos últimos anos polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación na que se dispón dunha superficie suficiente e axeitadamente equipada para a súa conservación, tratamento e consulta.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/10/2006 12:29
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/