[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE SETEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Rodeiro » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Rodeiro
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
RODEIRO 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 1.417 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1850 ata 2013; a pesar deste dato a práctica totalidade da documentación corresponde ó século vinte.

A información que resulta dos instrumentos de descrición constata unha perda documental importante, sendo en moitas series o ano 1900 a data extrema. Entre elas, especialmente relevante é a perda dos libros de actas do Pleno do período 1836 a 1899 e de 1905 a 1910, que impide dispor neste arquivo dunha necesaria e preferente fonte de información.

O maior volume documental corresponde á elaboración e xestión dos orzamentos municipais, sendo ademais a documentación máis antiga, agás documentos illados. Son importantes tamén os documentos referidos ó control urbanístico e das obras de particulares ou das quintas e milicias, conservados dende 1901.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) como informático nunha base de datos, formada por 15.650 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 08:22
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/