[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 22 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2]
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Convocatoria dunha bolsa de licenciado en Historia para tarefas de investigación

Bases | Modelo de solicitude | Adxudicación

Adxudicación

De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora dunha bolsa de estudo de Licenciado en Historia con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 78 de data 23 de abril de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Don Xerardo Torrado Agulla, a bolsa de estudo convocada, por importe de 841,41 €/mes, con efectos de 16 de agosto de 2007 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno.

En caso de renuncia da adxudicataria desígnanse como suplentes a Dona Ana Mª Fresco Santolalla, Don José Manuel Alonso Riobó e Dona Carlota Mª Pacheco Ferreira, por esta orde.

Ditas cantidades imputaranse á partida 07/711.711.481.02 do orzamento provincial.

A aceptación e disfrute desta bolsa de estudo non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo.

Pontevedra, 26 de xullo de 2007
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina 1 [2]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/09/2007 13:42
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/