[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 4 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Organismo autónomo Turismo Rías Baixas

Convocatoria de catro bolsas de colaboración para Técnicos en Turismo con destino no Organismo Autónomo local Rías Baixas

Anuncio | Modelo de solicitude

Anuncio

Convocatoria de catro bolsas de colaboración para Técnicos en Turismo con destino no Organismo Autónomo local Rías Baixas.
De conformidade coa proposta do Director do O.A.L. Turismo Rías Baixas e en virtude das facultades que lle confire a base 15-2, a) das aprobadas para a execución do orzamento de Turismo Rías Baixas, este organismo convoca catro bolsas para Diplomados Turismo ou Ciclo Superior en Comercialización e Información Turística, para realizar labores propias da Oficina de Atención ó Turista, segundo as seguintes bases:

B A S E S

1.— OBXECTO
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de catro bolsas de colaboración, polo procedemento de concurso de méritos, para a realización labores que son propias dunha Oficina de Información ó Turista, con destino no O.A.L. Turismo Rías Baixas.

En casos excepcionais, poderanse realizar labores de información e atención o público no Punto de Información Turístico que o O.A.L. Turismo Rías Baixas ten no aeropuerto de Peinador-Vigo.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderan ser beneficiarios destas bolsas aquelas persoas físicas que tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obtención de axudas e subvencións públicas, reunen os seguintes requerimientos:

  1. Ser español/a ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España no momento da convocatoria desta bolsa.
  2. Estar en posesión do título de Diplomado Turismo ou Ciclo Superior en Comercialización e Información Turística, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos, ou deberase xustificar documentalmente que está en trámite esa validación ou recoñecemento no momento de solicitar a bolsa.
  3. Non ter cumpridos os 30 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
  6. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 850 €brutos/mes, que se imputará á partida 07 e 08/875-751-481.01 do orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas.

O pagamento das bolsas ós beneficiarios/as realizarase a partir da data de incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional o tempo traballado, desde o inicio da mesma, ou en todo caso, da renuncia voluntaria do bolseiro.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas e presentaranses no rexistro deste organismo (Pza. Sta. María s/n. Pontevedra) etamén nos lugares os que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC, cos datos que se detallan no artigo 70 da mesma norma, no prazo de 10 días naturais dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Xunto as instancias achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do Título requerido para a Bolsa solicitada, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Acreditación de cursos ou ciclos de especialización.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa.

As solicitudes presentadas unha vez transcurrido dito prazo, entenderanse desetimadas.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    O Director do O.A.L. Turismo Rías Baixas, ou membro en quen delegue.
  • Secretario:
    O do O.A.L. Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
  • Vogais:
    O Interventor e dous Técnicos do O.A.L. Turismo Rías Baixas.

Tódolos membros terán voz e voto. A comisión reunirase dentro dos quince días seguintes a data ó remate da presentación das solicitudes.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de cinco (5)puntos.
  2. Asistencia a cursos, ata un máximo de dous (2) puntos.
    1. Por ter realizado cursos de especialización relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de dous (2) puntos.
  3. Coñecemento de idiomas, ata un máximo de dous (2) puntos.
    1. Por cada curso de idiomas impartido en centros ou colexios oficiais, de 60 horas de duración como mínimo, 0,20 puntos, ata un máximo de dous (2) puntos.
  4. Experiencia profesional, relacionada coa temática da bolsa obxecto desta convocatoria, un (1) punto por ano o fracción superior a 6 meses.

Os tres aspirantes con maior puntuaciòn, pasarán a realizar unha entrevista persoal, que será valorada ata un máximo de cinco (5) puntos.

A Comisión poderá, en calquera momento, convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación coa documentación do seu currículum.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión seleccionadora, unha vez evaluados tódolos méritos, dictará resolución no prazo máximo dun mes a partir da data da publicación desta convocatoria.

O presidente de Turismo Rías Baixas, á vista da proposta da comisión seleccionadora, adxudicará as bolsas ós aspirantes que obteñan a maior puntuación no proceso de selección. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do pazo provincial, sendo comunicado dito acordo os adxudicatarios/as das bolsas.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario/ a comence a realizar as suas funcións no O.A.L. Turismo Rías Baixas.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e a disciplina do O.A.L. Turismo Rías Baixas co fin de promocionar o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A bolsa non establece ningunha relación laboral co O.A.L. Turismo Rías Baixas, nin supón tampouco ningún compromiso para a incorporación posterior do bolseiro/a ó cadro de persoal deste organismo.
  5. Este organismo suscribirá unha póliza de accidentes para os bolseiros seleccionados, durante o período de vixencia da convocatoria.
  6. Aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nas bases reguladoras desta convocatoria.
  7. Xustificar documentalmente o cumprimento dos requisitos establecidos.
  8. Desenvolver a actividade obxecto da colaboración cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentando os traballos e informes que determine a Dirección do organismo.
  9. Presentar ante Turismo Rías Baixas, no prazo máximo dun mes a partir da finalización dos traballos de colaboración, un informe final explicativo cas labores realizadas.
  10. Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, estarán suxeitos ós deberes que, con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da Lei xeral de subvencións. Así mesmo, estarán os bolseiros obrigados a facilitar canta información lles sexa requirida pola Administración.

9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
As dúbidas que puideran xurdir durante a fase do concurso e da vixencia da bolsa serán resoltas pola Comisión de Selección, previos informes do Secretario e do Interventor deste organismo autónomo.

10.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes bases, e ademáis se estará ó previsto na na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvenciónse e na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Pontevedra, 28 de agosto de 2007
O PRESIDENTE
Xosé Manuel Figueroa Vila

Boletín Oficial da Provincia, data 26/09/07, número 187, páxina 25, anuncio 2007008888.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/10/2007 08:40
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/