[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Presidencia » Saúdo do Presidente
Páxina Principal
A Deputación
Presidencia
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Corporación
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán

SAÚDO DO PRESIDENTE 

Saúdo do Presidente

Un dos obxectivos que me propuxen dende o meu nomeamento como presidente da Deputación Provincial de Pontevedra foi o de dinamizar a institución e axeitar os seus contidos, os seus modelos de organización, de funcionamento e de xestión, ós novos tempos.

Sobre todo, por tres motivos: para incardinar a Deputación na liña renovadora que vén levando a cabo o Partido Popular, que sustenta o goberno desta institución; para mostrarlle á opinión pública os novos modos, os novos modelos de xestión para as deputacións e as administracións públicas; e para -sen perder de vista o sentido básico que a Constitución lles encarga ás deputacións- dar resposta ós novos retos, ás novas necesidades e á nova sociedade da provincia de Pontevedra, que se caracteriza polo seu dinamismo e riqueza e polos seus excelentes indicadores socioeconómicos.

Nesta liña de modernización, actualización e achegamento da Administración a todos os cidadáns cumpría así mesmo servirse das novas tecnoloxías da información e as infinitas posibilidades que estas ofrecen, polo que hoxe presentamos esta nova páxina web da Deputación de Pontevedra.

Responde á nosa vontade de gobernar cunha xestión diáfana para a sociedade, con transparencia interna e externa ofrecerlles ós cidadáns os nosos servicios, facilitarlles un portal de información ós concellos, proporcionarlles o maior número posible de servicios on line e información puntual e actualizada. E pretende abrir á nosa sociedade, pero tamén ó mundo, unha provincia singular cun dos seus máis preclaros emblemas nas nosas incomparables Rías Baixas.

Daquela, este portal é o escaparate da nosa actuación pública, da Deputación Provincial e da provincia de Pontevedra. Acceder a el permitirá coñecer a institución, a acción do seu goberno e das súas diversas áreas, os seus plans e programas, os seus museos, centros dependentes e foros de investigación e cultura. E posibilitará tamén achegarse ós nosos concellos e comprobar as innumerables posibilidades culturais, sociais e empresariais dunha provincia que conta cunha oferta turística á xusta medida do desexo de cada quen.


Rafael Louzán Abal

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/05/2006 13:24
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/