[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Mondariz-Balneario » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Mondariz-Balneario
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
MONDARIZ-BALNEARIO 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 1.052 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1922 ata 2017; a pesar deste dato a práctica totalidade da documentación non vai, loxicamente, máis alá de 1925, data de constitución formal do concello.

Non presenta particularidade ningunha con respecto doutros fondos municipais cunha notable presencia de testemuños das seccións Facenda e Servicios, conservándose a totalidade das actas de sesións dos órganos colexiados do Concello.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dos oportunos instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello como no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 8.988 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/10/2017 11:26
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/