DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Arquivos municipais de Pontevedra
Archivos municipales de Pontevedra

Como medio de difusión e achegamento á realidade do patrimonio documental conservado nos diferentes arquivos municipais ofrécense aquí un conxunto de instrumentos de descrición suficientes para o coñecemento básico da súa realidade documental.

Esta aportación actualiza e completa as dúas coleccións - "Plan de Organización de Archivos Municipales" e "Patrimonio documental da provincia de Pontevedra"- anteriormente editadas polo Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra, que poderán ser completados coa consulta, nos propios arquivos municipais e no Arquivo da Deputación Provincial, do inventario detallado, elaborado en soporte tradicional e informático.

A ficha técnica, a introducción, o local e a documentación ofrecen dun xeito moi somero un achegamento á entidade local, con breves referencias ó seu devenir histórico, e á realidade do patrimonio documental conservado, ó proceso de organización e ás instalacións nas que se ubica.

O cadro de clasificación recolle a información específica de cada arquivo, como primeiro e máis xenérico instrumento de descrición, no que se inclúen as series documentais conservadas dentro de cada sección e subsección, xunto cos datos referidos o período cronolóxico que comprenden a indicación das unidades de instalación nas que se atopan.

Ofrece polo tanto una información básica que permite valorar o fondo documental conservado en cada caso pero que será insuficiente para necesidades máis concretas.

O inventario somero reflexa o contido do arquivo municipal, facendo unha descrición correlativa das unidades de instalación cunha información básica articulada nun formato que aporta datos sobre a clasificación, a identificación da unidade, unha breve descrición de contido e as datas extremas da súa documentación.


Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/