DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Información

Un dos moitos cometidos da Deputación de Pontevedra, desde os seus inicios, foi o decidido apoio á edición e fomento da lectura. Así, subvencionou libros xa históricos, como o traballo de Hipólito Padull Opúsculo sobre el azufrado de las viñas aparecido en 1862; posibilitou a saída ó mercado de obras de Murguía ou Valle-Inclán; comprou obras no seu tempo consideradas de “interese patrio” como El apóstol Santiago, Río Lérez ou Flor de Santidad; subscribiuse a varias coleccións; axudou economicamente a varios escritores, e ata mercou pequenas coleccións.

A partir de 1940, a Deputación asumiu a produción propia de títulos e en 1986 creou o actual Servizo de Publicacións cunha estrutura ben definida, á fronte da que figura o arquiveiro-bibliotecario, cun Comité de Lectura.

A Editorial atópase no antigo Fogar provincial, rúa Padre Amoedo, 1. 36002 Pontevedra.

Teléfono 886 201 000, Fax 886 201 180.

Enderezos electrónicos:

editorial@depo.es.

editorial.revistas@depo.es.



Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/