DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A casa do concello, reconstruída con posterioridade ó incendio sufrido en 1930 e modificada en 1973 e, de novo, en 1981, é un edificio de pedra, exento, distribuído en baixo e planta.

Recientemente remozado y reducida su superficie, ocupa un local cuadrangular, situado na ala dereita da planta baixa, con trinta metros cadrados de superficie e unha altura de tres metros e medio, cunhas axeitadas condicións de habitabilidade e boas condicións de ventilación e iluminación, proporcionadas por amplos ventanais.

Dótase este local dos equipamentos necesarios para o almacenamento da documentación conservada, composto basicamente por estantería metálica compactada, mesa de traballo e consulta, ordenador e ficheiro metálico, todo disposto tal e como representa o plano.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/