DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra

Bases reguladoras da concesión por concurrencia competitiva das axudas a concellos para dotación de Servizos Básicos a Praias-2007

Bases

A Xunta de Goberno de sta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xaneiro de 2007, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Fóra da Orde do Día, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos:
8.14699 Aprobación das bases reguladoras da concesión por concurrencia competitiva das axudas a Concellos para dotación de Servizos Básicos a Praias-2007.

Vistos os informes emitidos polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, a Asesoría Xurídica e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de cincocentos vinte mil euros (520.000,00 €) na partida 07/711.442.762.82 do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras da concesión por concorrencia competitiva das axudas a concellos para dotación de servizos básicos a praias-2007.

Ditas Bases son como seguen:

Bases reguladoras da concesión por concorrencia competitiva de subvencións ós Concellos para a dotación dos Servizos
Básicos ás Praias-2007

A Deputación de Pontevedra, para mante-las praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servicios básicos ás praias iniciadas fai nove anos.

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitue obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se haberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 711-442-762.82, para dotar de servicios básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de quinientos vinte mil euros (520.000,00).

2.— ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDAS E CONTÍA DA SUBVENCIÓN

2.1.— Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixilancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servicios básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamientos necesarios para ese fin que non se encontren aquí especificados.

2.2.— As axudas económicas poderán acada-lo 75% do investimento realizado, ata un máximo de trinta e seis mil sesenta e un euros (36.061.-) por proxecto.

A concesión das axudas será competencia do órgano previsto nas Bases de execución do orzamento, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión.

3.— BENEFICIARIOS
Poderá solicita-la subvención calquera municipio que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servicios que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos.

4.— FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES

4.1.— As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación:

  1. Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figura- lo nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente.
  2. Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición.
  3. Presuposto desglosado da obra ou dos equipos dos que se prevexa a adquisición. Si a actividade subvencionada supera os 30.000 € no caso de inversións ou 12.000 € no caso de suministros, deberanse presentar tres orzamentos.
  4. Certificado do acordo do órgano competente da Corporación polo cal se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación.
  5. Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.

4.2.— O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a aceptalas modificacións que se establezan sobre a actuación proposta.

As solicitudes que non cumpran tódolos requisitos esixidos terán un prazo de 10 días para ser subsanados.

5.— PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 45 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial e na forma establecida no artigo 38.4 da Ley 30/92, de 26 de novembro, de RJAP.

6.— CONCESIÓN

6.1.— O procedemento ordinario de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva.

6.2.— Co fin de atender imprevistos, accións que non admitan demora ou polos motivos expostos na base 25º.3 das de execución do presuposto a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado.

7.— CONDICIÓNS E SELECCIÓN DE SOLICITUDES

Na selección de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:

  • Concello declarado de interés turístico galego.
  • Importancia turística do Municipio
  • Número de usuarios das praias
  • Praias candidatas para obteren a bandeira azul da UE
  • Número de praias
  • Interés provincial

7.2.— Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realizen.

8.— XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS

8.1.— As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días contados desde a sua notificación.

Así mesmo os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar a reformulación das axudas concedidas.

8.2.— Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado para recibir a totalidade da subvención.

No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención.

8.3.— Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos:

  • Memoria detallada da actuación
  • Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que envía-la transferencia.
  • Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada
  • Certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente.
  • Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mismo fin a outras administración públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.
  • Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste que se fixo a debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada.

8.4.— A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2008.

9.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
A Deputación Provincial poderá levar a cabo a comprobación da execución da obra ou dos investimentos subvencionados por parte dos técnicos provinciais.

10.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réximen Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

11.—
O Órgano competente para a aprobación destas bases será a Xunta de Goberno, según se recolle na base 16.2 das de execución do orzamento para 2007.

12.—DEREITO SUPLETORIO
E no non previsto nestas bases estarase ó disposto na lexistación de contratos e na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demáis lexislación de pertinente aplicación.

O que se comunica para seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do ROF.

Contra este acordo que pon fin á vida administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente.

Pontevedra, a 9 de xaneiro de 2007
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 18/01/07, número 13, páxina 54, anuncio 2007000340.

Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/