DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A casa do concello de Mondariz é unha edificación exenta, de recente construcción, integrada nunha fermosa superficie axardinada dentro do núcleo urbano. Destaca pola súa horizontalidade e a grande superficie acristalada, seguindo a tradición das galerías, que se completa cun lucernario central sobre as escaleiras de acceso á planta alta, producindo todo iso unha considerable iluminación natural no interior do edificio.

O arquivo dispuxo de diferentes ubicacións nos últimos anos. Recentemente habilitouse, logo da oportuna reforma e adecuación un local de máis de cincuenta e cinco metros cadrados no soto da casa do concello, antes dedicada na súa totalidade a garaxe e almacén municipal. Dispón este local dunhas axeitadas condicións ambientais e de habitabilidade, con ventilación e iluminación natural, sistemas de control da humidade e espazo suficiente para a disposición dos fondos documentais a medio prazo.

Para levar á cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de cento cincuenta metros lineais de estantería metálica, disposta segundo se amosa no plano adxunto, suficientes para o fondo documental actual. Dispón ademais de moble ficheiro metálico para a consulta do catálogo do propio arquivo.


Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/