DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Área da muller

Esta área ven xustificada polas desigualdades de xénero existentes na sociedade, que se amosan de formas moi diversas: no eido privado, no reparto das tarefas do fogar ou de xeito máis sangrante, na violencia doméstica; e por outra banda no eido público, a través de discriminación que sofren as mulleres en ámbitos de dirección, control e decisión.

Así a Deputación de Pontevedra, traballa nesta área apoiando actuacións preventivas, sensibilizadoras e de intervención con aquelas mulleres en situación de risco, especialmente daquelas que sofren a lacra da violencia de xénero.

Por outra banda, foméntase o asociacionismo das mulleres da nosa provincia, promovendo accións formativas, lúdicas e de mellora da súa calidade de vida, segundo as súas demandas e necesidades.



Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/