DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Promoción económica e do fomento do emprego

A promoción económica e o fomento do emprego son a base dunha política activa de desenvolvemento local e creación de emprego para xestionar a actual crise económica e financeira a través da implicación e participación dos distintos axentes económicos, sociais e políticos máis representativos da provincia de Pontevedra e dos seus concellos. Con isto preténdese consolidar unha estrutura económica máis eficiente para crear emprego de calidade e para construír as bases sólidas do crecemento e do progreso.

Baseándose en premisas, definiuse unha serie de liñas estratéxicas que se desenvolven na Área de Promoción Económica e de Fomento do Emprego:

  1. Analizar e investigar a realidade socioeconómica da provincia para identificar as necesidades e oportunidades
  2. Dinamizar o mundo rural (Programa Leader Galicia 2007-2013)
  3. Apoiar os pactos polo emprego
  4. Realizar actuacións de orientación laboral
  5. Fomentar a cultura emprendedora
  6. Realizar accións de formación para a empregabilidade e o autoemprego
  7. Apoiar os concellos en materia de desenvolvemento local
  8. Apoiar o comercio
  9. Apoiar os concellos nas novas tecnoloxías da información e na publicidade
  10. Realizar actuacións de promoción e publicidade

Nese marco, para o período 2010-2011 son prioritarios os seguintes obxectivos:

  • Implicar os concellos da provincia para que desenvolvan e activen novas políticas de promoción económica e emprego
  • Incentivar a creación de novas concellerías de promoción económica e emprego
  • Fomentar o uso das novas tecnoloxías como unha ferramenta de formación ocupacional para o emprego
  • Poñer en marcha o plan de emprego provincial
  • Crear unha marca dos servizos de promoción económica e emprego
  • Realizar unha campaña de comunicación durante o 2010 para promover e difundir os servizos de promoción económica e emprego da provincia de Pontevedra
  • Desenvolver un portal web provincial para o emprego

Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/