DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Obradoiros de emprego Mobilia e Mobilia I

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE), xestiona a segunda edición do obradoiro de emprego Mobilia. O seu obxectivo é formar, en alternancia coa práctica laboral, persoas maiores de 25 anos para que desenvolvan axeitadamente un oficio e logren unha adecuada inserción no mercado de traballo.

O obradoiro de emprego Mobilia I iniciou a súa actividade o 21 de decembro do 2009 e finalizará o 20 de decembro do 2010. Xorde como continuación do seu precursor, do mesmo nome, que tamén liderou esta institución provincial en 2008-2009, cuns excelentes resultados de participación e nivel formativo. Nesta ocasión, Mobilia I conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Emprego.

O obxectivo de Mobilia I é formar as persoas desempregadas nas especialidades de Soldadura e Carpintería Metálica e de Madeira, alternando con prácticas laborais, para que adquiran as destrezas profesionais necesarias para acceder ó mercado laboral coas garantías suficientes tanto por conta allea coma por conta propia.

Durante os doce meses de duración o alumnado-traballador construirá mobiliario urbano para diferentes concellos da provincia.

Obras que se van realizar a través de Mobilia I:

  • Os perímetros de pistas deportivas multiusos en estrutura de aceiro galvanizado, na especialidade de Soldadura; e o forrado e acabado, na de Madeira.
  • Na torre de vixilancia e na caseta de información turística a especialidade de Soldadura realiza a estrutura metálica sobre a que se colocan os acabados de madeira (paredes, solos, porta, xanelas...).

Polo tanto, as actuacións céntranse en tres tipos de construcións para diferentes concellos da provincia de Pontevedra:

  • Pistas deportivas multiusos (9)
  • Torres de vixilancia (2)
  • Casetas de información turística (9)

Consta de 21 alumnos, que se distribúen da seguinte forma:

ESPECIALIDADE HOMES MULLERES TOTAL IDADES
SOLDADURA 9 0 9 28-51
CARPINTERÍA 7 5 12 27-45

Os títulos e certificados que recibirán os participantes son:
Especialidade de Carpintería de Madeira

  • Certificado profesional de carpinteiro e vernizador lacador Especialidade de Soldadura
  • Certificado profesional de Soldadura e Carpintería Metálica

Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/