DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Medio Ambiente
Ecoredesaneasol

Ecoredesaneasol é un proxecto destinado a instalar depuradoras de augas que funcionan con enerxía solar nas concas dos ríos Ulla, Lérez, Umia e Verdugo. A iniciativa forma parte do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal (POCTEP), cofinanciado polo mesmo POCTEP e os socios. O orzamento total ascende a 3.750.000 € e a data estimada de remate é decembro do 2010. A Deputación achegou 1.350.000 € para realizar un plan de posta en valor e recuperación ambiental en diversas concas hidrográficas dos concellos polos que discorren os ríos Ulla, Umia, Lérez e Verdugo.

Ademais, as depuradoras están dotadas dun vaso de auga e actúan como un punto de abastecemento de cisternas no caso de incendios e emerxencias no bosque.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/