DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Subvencións

Entre os obxectivos fundamentais da Deputación de Pontevedra están fomentar, promover e difundir a cultura. Daquela, o Servizo de Cultura encárgase de facilitar as achegas económicas destinadas a aumentar e mellorar as actividades que asociacións sen ánimo de lucro levan a cabo, apoiar a música a través de escolas e conservatorios, conservar e recuperar o patrimonio que como ben público necesita das contribucións da administración e así mesmo axudar ó financiamento de feiras, exposicións e congresos. Con estas subvencións, sometidas a unhas bases e uns requisitos, preténdese que a cultura, baixo calquera das súas manifestacións, estea presente en cada un dos municipios da provincia e á que poidan acceder todos os seus habitantes.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/