DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/



As relacións violentas non aparecen accidentalmente nin de modo imprevisto. Os abusos e chantaxes emocionais poden ser o inicio dun longo proceso que acabe nunha espiral de violencia.

Cando o ciclo da violencia comeza as primeiras agresións son verbais: faltas ó respecto, insultos, desprezos, imposicións, ...

As consecuencias das agresións físicas son facilmente visibles, pero a violencia emocional é máis sutil, profundamente destrutiva e a persoa agredida séntese inútil, avergoñada e anulada, sen recursos para responder ante as agresións físicas, psíquicas e sexuais da súa parella.

A submisión é un valor que habitualmente se transmitiu na educación das mulleres.

O poder e o dominio transmítense na educación que reciben os homes.

A conxunción destas dúas formas de proceder provoca situacións abusivas de desigualdade, propicia a aparición da violencia.




Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/