DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Exposición colección Roberto Taboada

A Cidade e as xentes. Pontevedra na colección Roberto Taboada



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

13 DECEMBRO 2016


O xoves 15 de decembro ás 20.00 h no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico terá lugar a inauguración da exposición A cidade e as xentes. Pontevedra na colección Roberto Taboada. Esta mostra recolle as imaxes máis representativas do arquivo gráfico do investigador e coleccionista pontevedrés e encádrase entre finais do século XIX e as primeiras décadas do XX. Está dedicada á cidade como espazo físico e ás actividades cotiás e tamén aos retratos das xentes que forman parte dela. Esta exposición inclúe fotografías, fotogravados, xilografías, álbums e tarxetas postais que achegarán unha interesante visión da sociedade da época.

Duración da exposición: do 15 de decembro de 2016 ao 15 de xaneiro de 2017, de luns a venres de 09.00 a 14.00 h.



Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/