DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Nova actuación de asistencia técnica no arquivo do Concello de Ribadumia



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

20 DECEMBRO 2016


O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación transferida no último ano dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal de Ribadumia, con 94 novas unidades de instalación e 12 metros lineais de documentación, correspondente ó último ano de xestión administrativa.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental ó Concello de Ribadumia, polo que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos.

Dende o primeiro proceso en 1986 leváronse a acabo un total de once actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando no nivel de información ata a informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 2.139 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1849 e 2016, e cunha base de datos formada por 18.623 rexistros que permite a localización de calquera expediente.

Coincidindo con esta actuación levouse a cabo actualización do arquivo do Rexistro Civil e do Xulgado de Paz.



Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/