DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico actualiza o arquivo da Entidade Local Menor de Bembrive



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

25 OUTUBRO 2017


O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar o proceso de actualización da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo da Entidade Local Menor de Bembrive, con cento vinte e catro novas unidades de instalación, que supoñen vinte e dous metros lineais de documentación, correspondente ós últimos anos de xestión administrativa.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental á Entidade Local Menor, polo que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos.

Dende o primeiro proceso en 1996 leváronse a cabo un total de seis actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando na información ata chegar á informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 629 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1945 e 2017, e cunha base de datos formada por 4.438 rexistros que permite a localización de calquera expediente.

Conta o arquivo cun local específico, cunhas axeitadas condicións de instalación, que inclúen estantería compactada, e cos instrumentos descritivos necesarios para o seu manexo e consulta.



Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/