DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Ponte Caldelas actualiza o seu arquivo municipal

Na actualidade conta o arquivo cun total de 3.297 unidades de instalación



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

27 DECEMBRO 2017


O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación xerada nas oficinas xestoras e transferida ó arquivo municipal, situado nunhas axeitadas instalacións na recente ampliación da casa do concello.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental ó concello de Ponte Caldelas, polo que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos. Nesta ocasión, ademais da reinstalación da totalidade do arquivo nas novas dependencias, incorporáronse 521 novas unidades de instalación, o que supón cerca de corenta e catro metros lineais de documentación.

Dende o primeiro proceso en 1985, leváronse a cabo un total de doce actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando na información ata chegar á informatización do inventario descritivo a nivel de expediente, coincidindo coa súa instalación na nova casa do concello.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 3.297 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1811 e 2016, e cunha base de datos formada por 25.792 rexistros que permite a localización de calquera expediente.



Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/