DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Novos estudos de avaliación de series documentais



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

18 XUÑO 2019


O Arquivo da Deputación de Pontevedra ven de presentar ao Grupo de Traballo de Administración local do Consello de Avaliación de Documental de Galicia tres novos estudos relativos ás series “Expedientes de Constitución da Corporación”, “Mocións” e “Resolucións presidenciais”.

Estes estudos dan continuidade ao traballo iniciado fai un tempo e que xa ten dado como resultado a probación e publicación no DOG dos referidos aos libros de actas do Pleno, Comisión Permanente, Comisión Xestora, Comisión de Goberno, Xunta de Goberno e Comisións Informativas, así como os das sesións destes órganos.

O Grupo de Traballo ven de aprobar estas propostas xunto coas presentadas polo Arquivo de Ferrol, relativas a “Taxas e prezos públicos” e “Imposto de circulación de vehículos” así como aos seus respectivos padróns.

Finalmente tamén se aprobaron as propostas presentadas polo concello de Foz relativas aos “Expedientes de licenzas de obras menores” e aos “Expedientes de expropiacións forzosas”.

Este conxunto de estudos aprobados serán elevados ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que se reunirá previsiblemente no vindeiro mes, para a súa aprobación definitiva e posterior publicación no DOG

A información sobre as series xa avaliadas definitivamente pode verse na páxina http://arquivosdegalicia.xunta.gal/portal/arquivos-de-galicia/content/recursos-profesionales/estudios/estudio_0005.html



Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/