DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Antón Fraguas na Biblioteca da Deputación



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

06 NOVEMBRO 2019


Nado en 1905 en Loureiro, Cotobade, Antón Fraguas cursa o bacharelato en Pontevedra, onde é alumno de Castelao e Losada Diéguez. Estuda a carreira de Filosofía e Letras en Compostela e en 1928 comeza a dar clases na universidade. En 1932 casa con Teresa Martínez, a compañeira da súa vida.

Exerce como profesor no instituto da Estrada desde 1933 ata que en 1936 é purgado do ensino pola súa ideoloxía e militancia. En 1950 recupera a súa cátedra e en 1977 promove, xunto a Xaquín Lorenzo, a apertura do Museo do Pobo Galego, institución na que ostentará os cargos de director e, posteriormente, presidente.

Faleceu en 1999, aos 93 anos, e está soterrado no cemiterio de Boisaca (Santiago de Compostela).

En 2019 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Na biblioteca da Deputación tes á túa disposición, en diferentes modalidades (consulta en sala ou préstamo a domicilio) unha grande cantidade de fondos bibliográficos relacionados coa figura de Antón Fraguas.

Bibliografía de Antón Fraguas (en formato pdf)


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/