DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Melloras no acceso ao patrimonio documental de Pontevedra



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

02 XANEIRO 2020


Dende esta Deputación continúase coa labor de asistencia técnica ás administracións e institucións da provincia en materia de patrimonio documental, na idea de difundir o patrimonio conservado e organizado, así como o importante traballo de dixitalización acometido nos últimos anos, cunha permanente actualización de contidos e aberta a novas incorporacións futuras.

Esta información está dispoñible dende fai tempo nos diferentes centros arquivísticos e de forma sucinta na propia www.arquivos.depo.es e na actualidade ven de mellorarse sensiblemente a accesibilidade a información coa posta en público do portal www.atopo.depo.gal, que recolle a información das diferentes unidades documentais simples e compostas que cada institución determina como públicas e de libre acceso. Para iso aprobouse pola Presidencia unha Instrucción que recolle, baixo a filosofia do fomento do acceso e uso da información, aquelas limitacións que derivan da lexislación en vigor relativa a protección de datos de carácter persoal, transparencia, dereitos de autor, propiedade intelectual e industrial ou reutilización da información accesible.

Asi mesmo ofrécese AtoPo como medio de difusión para calquera entidade ou organismo ou institución que pretenda dar a coñecer e por en valor os seus fondos artellandose ao efecto fórmulas e posibilidades de colaboración futura; ao mesmo tempo está prevista de xeito inmediato o enlace e conexión da información con Galiciana e outros portais de difusión nacional e internacional

Ademais estase a rematar a renovación integral da web do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico que permitirá o acceso a información existente en Atom de cada arquivo, en tempo real relativa ao niveis intelectuais de cada centro (fondo, sección, series….) que contextualiza e sitúa a información que aporta www.atopo.depo.gal e que será complementada coa información técnica da que se dispón, na idea de facilitar o coñecemento e difusión do noso patrimonio documental.



Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/