DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Os Maios...

unha celebración tan especialmente arraigada na tradición cultural da nosa comunidade



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

01 MAIO 2020


As especiais circunstancias que estamos a vivir como consecuencia da pandemia de Covid-19 golpean tamén unha celebración tan especialmente arraigada na tradición cultural da nosa comunidade como é a Festa dos Maios.

Do seu simbolismo e significación fálanos o etnógrafo e historiador Clodio González Pérez en A festa dos maios en Galicia: unha aproximación histórico-antropolóxica ó Ciclo de Maio (Servizo de Publicacións da Deputación, 1989):

“Na súa orixe esta festa naceu para celebra-la eclosión primaveral, a chegada do bo tempo (e por conseguinte a morte do inverno), e o rexurdir do mundo vexetal por estar en época de flor (anuncio de abundante colleita), ou por ser cando a semente se xunta coa terra nai. Por iso, actualmente aínda se poden achar manifestacións encadrables no primeiro aspecto, como as lúdicas; e outras de carácter agrario propiciatorio ou profiláctico, propias de sociedades que centran a súa cotiá pervivencia no que produce a terra”.

Ese, xunto con outros coma Os maios: unha festa antiga e universal, A festa dos maios en Pontevedra, A festa dos maios no concello de Vilagarcía, A festa dos maios de Marín, A illa de Ons e os maios…, son só algúns dos títulos sobre esta festividade existentes na biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, que, ademais, conta na súa sección audiovisual con abundantes documentos gráficos sobre esta celebración.

Poderás consultar unha selección desas referencias bibliográficas (dispoñibles na modalidade de préstamo e consulta tan pronto como se renove a actividade presencial), así como visualizar directamente algúns documentos gráficos que recollen instantáneas da celebración da Festa dos Maios en Pontevedra na década dos 60 na seguinte ligazón



Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/