DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Festa das Letras Galegas



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

17 MAIO 2020


Un signo de identidade,

cultura, patrimonio, memoria colectiva,

dozura nos beizos do noso pobo,

suave musicalidade que zoa,

que se espalla, que traspasa fronteiras,

transmitida oralmente polo devagar dos séculos,

de xeración en xeración,

rexistrada nos documentos desde a Idade Media,

a nosa lingua viva, latexante,

as verbas, esas expresións retranqueiras ,

esencia do noso carácter,

do xeito de ser dos galegos e as galegas,

fonte de inspiración de Rosalía, Ramón Cabanillas, Curros Enríquez…,

Ricardo Carvalho homeaxeado este ano, o día da festa,

o dezasete de maio, Festa das Letras Galegas .



Poema de Alicia Souto Piñeiro


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/