DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Unha análise sobre a cultura e identidade territorial da provincia completa o diagnóstico por áreas na elaboración do Plan Estratéxico

A mesa sectorial celebrarase o vindeiro día 15 de decembro en Lalín



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

03 DECEMBRO 2004


O equipo de elaboración do Plan Estratéxico Provincial- encargado á Escola para las Administraciones Públicas de Caixanova- decidiu sumar un traballo sobre a cultura e a identidade territorial da provincia de Pontevedra á análise do entorno xeral encargado a expertos universitarios que elaboraron informes relacionados con nove áreas de actividade: análise económica; análise empresarial; imaxe territorial e turismo; mobilidade; xestión pública; sociedade da información; desenvolvemento e calidade de vida; medio ambiente; e poboación, territorio e vivenda.

Segundo explicou Adolfo Neira, membro do equipo redactor do Plan Estratéxico, tanto nos documentos elaborados para boa parte das áreas de actividade como nas mesas sectoriais que se celebraron para a súa análise e posta en común, “xurdiu a necesidade de incluír unha parcela máis de discusión sobre a cultura e a identidade territorial da provincia de Pontevedra”.

Esta nova área de actividade que formará parte dos elementos de diagnóstico do Plan Estratéxico foille encargada para a súa redacción a Xosé Manuel González, presidente da Fundación Premios da Crítica, Medalla Castelao, e funcionario de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

Como no caso dos anteriores traballos redactados por expertos das tres universidades galegas e profesionais que traballan en ámbitos relacionados coas administración, o documento sobre cultura e identidade será sometido tamén ó debate dunha mesa sectorial na que participarán personalidades cualificadas dos eidos editorial, artístico, universitario, patrimonio e etnográfico. Esta última mesa sectorial celebrarase o vindeiro día 15 de decembro nas oficinas que posúe Caixanova no polígono Lalín 2000 na capital dezá, á partir das 17 horas.



Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/