DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Colección documental Méndez Núñez-Mendoza Babiano



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES:36038 AMPo
1.2. Título Colección Documental Méndez Núñez-Mendoza Babiano
1.3. Datas 1517-S. XX
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 42 caixas de arquivo. Soporte en papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor D. Casto Méndez Núñez e os seus descendentes
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O almirante D. Casto Méndez Núñez (1819-1869), descendente de mariños, foi o personaxe máis importante desta familia pontevedresa. Nado en Vigo, estivo ó mando da primeira fragata acorazada da Armada Española, a “Numancia”, tamén o primeiro barco destas características que deu a volta ó mundo. Á fronte da Escuadra do Pacífico protagonizou un dos episodios máis tristes da historia naval española, a batalla de “El Callao” (Perú), atribuíndoselle a raíz deste feito o famoso dito “Más vale honra sin barcos que barcos sin honra”. Morto sen descendencia, as súas sobriñas-netas foron as derradeiras superviventes da familia en Pontevedra e, ata a súa morte polo 1973, un bo exemplo da sociedade burguesa da cidade
2.3. Historia arquivística

Concha e María Mendoza Babiano y Méndez Nuñez mantiveron no seu palacete da avenida de Santa María case todo o arquivo familiar deica a súa morte.

De forma moi fragmentaria foron facendo inventarios parciais da colección distintos bolseiros e persoal do Museo. O reconto total dos materiais levárono a cabo Mª Jesús Fortes Alén e, máis recentemente, Lara Rey Vázquez

2.4. Forma de ingreso A ligazón das herdeiras de D. Casto ó Museo (María foi vocal do Padroado), condicionou que esporadicamente fixesen doazóns de documentación á institución (1929, 1942, 1943, 1951, 1957). Ó morrer tamén sen descendencia o resto do seu arquivo, así como outras pertenzas, se incorporárono ó Museo no 1973. Outras pezas soltas engrosaron o arquivo grazas ás doazóns de D. Julio Guillén (1947) e de D. José González Robatto (1974)


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O contido deste fondo é moi variado e está dividido en dúas partes; unha chamada “Méndez Núñez”, que consta de 31 caixas, e a outra denominada “Mendoza Babiano”, que ocupa 11. Nel atópanse dende documentos persoais e de administración de propiedades familiares ata libros de navegación de distintos barcos da Escuadra do Pacífico, notas profesionais de D. Casto Méndez Núñez e materiais da batalla de “El Callao”, incluíndo a felicitación da raíña Isabel II polo seu papel neste feito. Ademais hai unha parte do fondo dedicada á “Academia Compostelana de Jurisprudencia”
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se fixo ningún expurgo
3.3. Novos ingresos Non se produciron
3.4. Organización

DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL
- Documentos constitutivos da propiedade e transmisión de bens
- Documentos de administración da propiedade
- Documentos de administración da Casa de Sotomayor

DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER INDIVIDUAL
Documentación persoal
- Certificados sacramentais
- Correspondencia
- Pensións
- Certificados de estudos e follas de servizos
- Honores

Documentación individual de función
De D. Casto Méndez Núñez
- Filipinas
- Escuadra do Pacífico
- El Callao e Valparaíso
- Nomeamentos e homenaxes
- Correspondencia profesional
Doutros membros da familia

Varios

ACADEMIA COMPOSTELÁ DE XURISPRUDENCIA



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Libre, previa solicitude por escrito e agás materiais encadernados e en mal estado
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Soporte en papel. Libros de bitácora encadernados de gran tamaño Algúns diplomas e títulos están gardados en planeiros polas súas dimensións
4.5. Instrumentos de descrición Inventario no propio arquivo e publicado na revista do Museo


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais É posible que haxa materiais relativos á batalla de “El Callao” no Museo Naval de la Marina, en Madrid
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, Xosé F., “O arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLII, Pontevedra, 1988
Rey Vázquez, Lara, “La colección Méndez Núñez-Mendoza Babiano”, en El Museo de Pontevedra, t. LV, Pontevedra, 2001


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Archivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival Description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2004

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/