DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Colección documental Bibiano Osorio Tafall



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de Bibiano Osorio Tafall
1.3. Datas 1902-1990
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 267 caixas de arquivo. Soporte en papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor D. Bibiano Fernández Osorio-Tafall
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Bibiano Fernández Osorio-Tafall naceu en Pontevedra en 1902. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi o último alcalde republicano da súa cidade natal antes de que a guerra civil o obrigase a exiliarse, vivindo en Francia, Estados Unidos e México, país onde morreu en 1990. No estranxeiro ocupou importantísimos cargos en distintos organismos internacionais; representante especial do secretario xeral da ONU en Chipre, director xeral do Centro de Estudos Económicos e Sociais do Terceiro Mundo (CEESTEM), etc. Como alternativa ó seu traballo na política internacional, continuou por lecer no mundo da botánica e da bioloxía en xeral, publicando numeros artigos en prestixiosas revistas especializadas no tema
2.3. Historia arquivística A colección, procedente de México, foi sometida a unha primeira revisión por Estrella Omil Ignacio e Mª Jesús Fortes Alén, á vez que se realizaba un inventario xeral. Neste momento está pendente da clasificación e catalogación definitiva
2.4. Forma de ingreso Compra. Fondo ingresado en 1994


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Informes, memorias e outros materiais das súas actividades no estranxeiro, sobre todo como representante da ONU en Chipre e como director xeral do CEESTEM (Centro de Estudos Económicos e Sociais do Terceiro Mundo). Ten tamén moitos orixinais propios do seu labor como científico na obsevación da fauna e, sobre todo, a flora dos países onde estivo destinado
3.2. Valoración, selección e eliminación Dada a existencia de numeroso material fotocopiado algunha vez fíxose unha selección daquelas copias que estaban en mellor estado
3.3. Novos ingresos Non están previstos novos ingresos
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Ata a catalogación definitiva, restrinxido
4.2. Condición de reprodución Reproducións denegadas ata finalizar a catalogación
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, inglés e francés e, moi esporádicamente, outras linguas
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario de uso interno


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/