DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

ARQUIVOS DOS XULGADOS DE PAZ

Dentro das actividades que desenvolveu o Servizo Técnico do Patrimonio Documental desta Deputación, na procura de conservar, organizar, usar e difundir o patrimonio documental da provincia, insírese unha actuación específica para a organización e descrición da documentación conservada nos distintos xulgados de paz e desta provincia, agás a de Mos, Sanxenxo, A Illa de Arousa e Forcarei, por diferentes motivos.

Esta programación específica xorde en 1995, atendendo á realidade documental que presentaban e a proposta dos propios xulgados e do seu persoal, xa que en moitos casos comparten locais cos propios concellos, principais receptores destas actuacións. Sería nos anos 2002 e 2003 cando se desenvolve unha xeneralizada actuación para organizar a totalidade dos arquivos dos xulgados de paz da provincia.

En xeral supuxo a mellora dos equipamentos e das condicións de conservación, o que implicou a subvención dos materiais necesarios (estantes, carpetas, fichas, ficheiros...) habida conta da precariedade económica na que subsisten estes órganos xudiciais.

Para o manexo desta documentación, tanto pola propia administración xudicial coma polos cidadáns e investigadores, coas debidas salvidades legais, dotouse a cada un deles dun conxunto de instrumentos de descrición: cadro de clasificación, cos datos xenéricos específicos de cada arquivo; inventario somero, que recolle o contido de cada serie a nivel de unidade de instalación; e inventario detallado a nivel de expediente, nalgunhas series, e de períodos cronolóxicos anuais na súa meirande parte.



Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/